Axúdanos a coñecer o océano do futuro!
A Facultade de Ciencias do Mar oferta diversos proxectos de investigación en colaboración con centros de educación secundaria da comunidade autónoma de Galicia, no marco do programa STEMbach.
Os proxectos ofertados pola Facultade de Ciencias do Mar están centrados na xeración de coñecemento no medio mariño dentro dunha das seguintes liñas de investigación:
- Oceanografía física do océano
- Química mariña
- Xeoloxía mariña
- Oceanografía biolóxica
- Recursos mariños
- Avaliación de impactos ambientais no medio mariño
Para ampliar a información sobre a tipoloxía de proxectos que se poden desenvolver en cada liña, cómpre contactar co coordinador STEMbach do centro.
Coordinador STEMbach da Facultade de Ciencias do Mar:
- Emilio Fernández Suárez
+34 986 812 591
esuarez@uvigo.gal
Proxectos
Velaquí os proxectos propostos pola facultade de Ciencias do Mar organizados por bienio. En cada unha das táboas atoparás o título de cada proxecto coa súa ficha descritiva e, de ser o caso, o centro asignado e a data da súa defensa.
2023-2025
- Acción alelopática da Zostera noltii sobre o dinoflaxelado Alexandrium minutum
Centro asignado: IES Primeiro de Marzo (Baiona) - Estudo da contaminación na Ría da Ramallosa mediante determinación de δ15N no Fucus Vesiculosus
Centro asignado: IES Primeiro de Marzo (Baiona) - Efecto do glifosato e do cloruro de benzalconio sobre a Zostera noltei
Centro asignado: IES Primeiro de Marzo (Baiona)
2022-2024
- "Estudo da poboación de berberecho, Cerastoderma edule (Linnaeus, 1758) da Foz do Río Miñor (A Ramallosa, Nigrán): 2015-2022"
Centro asignado: IES Val Miñor (Nigrán)
Proxecto defendido o 11 de abril de 2024 - "Estudo da presenza de microplásticos na costa Valmiñorana"
Centro asignado: IES Val Miñor (Nigrán)
Proxecto defendido o 11 de abril de 2024 - "Efecto alelopático de Zostera noltei sobre o dinoflaxelado formador de proliferacións tóxicas Alexandrium minutum"
Centro asignado: IES Val Miñor (Nigrán)
Proxecto defendido o 11 de abril de 2024
2021-2023
- Estudo sedimentolóxico en poboacións de Zostera noltei de A Guarda e A Ramallosa
Centro asignado: pendente de asignación IES Val Miñor de Nigrán
Proxecto defendido o 13 de abril de 2023 - Avaliación da percepción social e dos usos do espazo protexido da Foz do Miñor (A Ramallosa-Nigrán)
Asignación cancelada: IES Val Miñor de Nigrán - Estudo da poboación de berberecho (Cerastoderma edule) da Foz do Miñor (A Ramallosa-Nigrán)
Asignación cancelada: IES Val Miñor de Nigrán
2020-2022
- Estudo da capacidade de absorción de Zn en Ulva lactuca
Centro asignado: IES Val Miñor de Nigrán
Proxecto defendido o 17 de marzo. - Análise de series temporais de variables oceanográficas nas proximidades do Val Miñor
Centro asignado: IES Val Miñor de Nigrán
Proxecto defendido o 17 de marzo. - Estudo da evolución da lonxa de Baiona (2001-2020)
Centro asignado: IES Val Miñor de Nigrán
Proxecto defendido o 17 de marzo. - Estudo das relacións filoxenéticas dunha poboación de Donax trunculus en Praia América
Centro asignado: IES Val Miñor de Nigrán
Proxecto defendido o 17 de marzo. - Estudo da diversidade xenética dunha poboación de Z. noltei na Guarda
Centro asignado: IES Val Miñor de Nigrán
Proxecto defendido o 17 de marzo. - Estudo ecolóxico do río Barbaña/Barbañica: comunidade microbiana
Centro asignado: IES Otero Pedrayo de Ourense
Proxecto defendido o 26 de abril. - Estudo ecolóxico do río Barbaña/Barbañica: macroinvertebrados
Centro asignado: IES Otero Pedrayo de Ourense
Proxecto defendido o 26 de abril. - Interacción entre moluscos bivalvos e Zostera
Centro asignado: CPR Santiago Apóstol de Soutomaior
Proxecto defendido o 19 de abril.
2019-2021
- Fauna asociada a pradeiras de zostera mariña afectadas pola captura de marisco
Centro asignado: Colexio Miralba de Vigo
Proxecto defendido o 6 de maio de 2021
2018-2020
- Detección de bacterias degradadoras de hidrocarburos en augas superficiais da zona portuaria da Guarda
Centro asignado: IES A Sangriña
Proxecto rematado - Efecto dun hidrocarburo aromático policíclico (naftaleno) no peche de valvas en Corbicula fluminea
Centro asignado: IES A Sangriña
Proxecto rematado - Estudo comparativo da diversidade xenética en dúas poboacións de Zostera noltei na ría de Vigo
Centro asignado: IES A Sangriña
Proxecto rematado - Estudo comparativo da diversidade xenética dunha población de Charadrius alexandrinus
Centro asignado: IES A Sangriña
Proxecto rematado - Estudo do efecto Zn sobre Corbícula fluminea
Centro asignado: IES A Sangriña
Proxecto rematado - Avaliación da potencial contaminación no porto da Guarda por TBT usando Nucella lapillus (Linnaeus, 1758) como bioindicador
Centro asignado: IES A Sangriña
Proxecto rematado - Evidencias locais de cambio climático a partir do rexistro de datos das estacións meteorolóxicas do Rosal e de Oia
Centro asignado: IES A Sangriña
Proxecto rematado