Un café-encontro no que o alumnado das diferentes titulacións se poida achegar a compartir conversa e tempo de ocio e a informarse sobre a actividade que ten á súa disposición tanto do campus de Ourense como na cidade en xeral. Con este obxectivo, desde o pasado mes de abril e ata finais de xuño, Auce, a Asociación Universitaria de Ciencias da Educación do campus de Ourense, organiza cada martes na sala común do Pavillón de Estudantes un café aberto e de balde para todas as persoas interesadas. As sesións, que teñen lugar de 10.00 a 13.00 h, tamén son aproveitadas para desenvolver diferentes actividades culturais, como proxeccións e conferencias.
23/05/2017