O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu este martes no Pazo Provincial aos representantes dos alumnos da Escola de Enxeñería Industrial que integran o equipo UVigo Motorsport e comprometeu o apoio da institución provincial no proxecto que desenvolven, referido ao deseño e construción de monoprazas de altas prestacións que compiten en circuítos europeos na Fórmula Student. O presidente do goberno provincial destacou "a importancia do proxecto polo que supón de innovación, tecnoloxía e creatividade, nun ámbito que xunta deporte, internacionalización, xuventude e universidade, valores e elementos que apoia a Deputación de Ourense", explicou Manuel Baltar.
10/03/2015