México, Alemaña, Polonia, Italia, Brasil ou Finlandia. Este martes deuse a benvida aos preto de medio cento de estudantes estranxeiros que elixiron as escolas e facultades do campus de Ourense como destino das súas estadías internacionais. Son 48 mozos e mozas chegados de 14 países, maioritariamente de Europa, pero tamén do outro lado do Atlántico, situándose México como o país que máis estudantes internacionais envía ao campus de Ourense, con máis dunha ducia de alumnos en diferentes centros do campus. O vicerreitor do campus de Ourense, Virxilio Rodríguez, e o de Relacións Internacionais, Manuel J. Fernández, déronlles a benvida.
23/09/2014