Este domingo, 23 de febreiro, celébrase un ano máis o Día de Rosalía de Castro, tendo en conta a data do aniversario do nacemento da escritora galega. Sumándose a esta conmemoración, a Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense organizou unha actividade co alumnado titulada De Rosalía ás cantareiras: as letras galegas con voz de muller.
21/02/2025