DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

As tres deportistas da delegación obtiveron cadanseu metal, un ouro e dous bronces

A UVigo consegue tres medallas no CEU de Judo e acada o 4º posto na clasificación xeral

Tags
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Estudantado
  • Deportes
DUVI 13/05/2024

As medallas obtidas por June Moreno, Andrea Ínsua e Daniela Agudo no Campionato de España Universitario celebrado esta fin de semana en Jaca valéronlle á Universidade de Vigo un cuarto posto na clasificación xeral.

A cita, organizada pola Universidade de Zaragoza, arrancou o pasado venres e a Universidade de Vigo acudía a ela cunha representación composta por tres deportistas, polo que o equipo obtido un pleno total de metais. 

June Moreno, estudante da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra, logrou o ouro na categoría de menos de 78Kg,  no que foi o seu primeiro campionato universitario. Andrea Ínsua, alumna do Máster Universitario en Exercicio Terapéutico en Fisioterapia, acadou o bronce na categoría -57kg, despois de dous anos de participar tras estar un ano en Francia cun Erasmus e outro co último curso dos seus estudos de Fisioterapia. Por último Daniela Agudo, estudante de Fisioterapia tamén obtido a medalla de bronce na categoría -70Kg, repetindo así o resultado obtido no CEU do ano pasado. 

A delegación viguesa completábaa o adestrador, Miguel Romero, un vello coñecido da Universidade de Vigo, da que foi o seu deportista máis laureado na traxectoria da institución nos Campionatos de España Universitarios.