Este venres clausurouse a décimo terceira edición do curso anual que se realiza neste edio
Unha vintena de estudantes remata a súa formación sobre intervención socioeducativa para persoas con alzhéimer
A iniciativa é froito da colaboración entre Afaor, Fundación Dorzán e Universidade de Vigo
Este venres celebrouse no campus de Ourense a clausura e entrega de diplomas do XIII Curso de Intervención Socioeducativa con Persoas Afectadas pola Enfermidade de Alzhéimer. A formación lévase a cabo cada curso académico na Facultade de Educación e Traballo Social froito da colaboración entre a Asociación de Alzhéimer de Ourense-Afaor, responsable da actividade, a Fundación Dorzán e a Universidade de Vigo.
A vintena de persoas inscritas, alumnado de diferentes cursos da citada facultade, adquiriron coñecementos sobre a enfermidade de alzhéimer e demencias similares, sobre os tratamentos farmacolóxicos, os recursos institucionais, o tratamento legal, o papel das familias nestas enfermidades ou a bioética, entre outros aspectos. Especialistas en cada unha das materias foron os encargados de impartir a docencia de 40 horas do curso, que logo se complementou coa realización de 20 horas de prácticas titorizadas por Afaor. Na clausura desta edición participaron Isabel Mociño, decana da Facultade de Educación e Traballo Social; Juan Ramón Álvarez, presidente da Fundación Dorzán, e Sara Ruíz, vicepresidenta de Afaor.