Os de Nino Santos perderon 72-82 ante o Riazor na Coruña

Unha derrota nos últimos minutos continúa a mala racha do Campus Universitario

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 11/02/2008

“Cando non é unha cousa é outra, isto é como un barco vello que por moito que o parchees fai auga por todos os lados”. Así de pesimista se amosaba Nino Santos, adestrador do Campus Universitario masculino trala nova derrota por 72-82 na Coruña ante o Riazor. Desta vez o partido “estivo nivelado, uns minutos estabamos nós arriba e outros eles, de feito a falta de tres para o final íamos empatados pero pitáronnos dúas faltas, unha por antideportividade e outra técnica e perdemos” explicou aínda que engadiu que “si puidemos gañar”.
A vindeira xornada agárdase un partido de “máxima rivalidade, un derbi, e co interese engadido de ser os últimos clasificados contra os primeiros” explicou Santos. A cita será o domingo pola mañá no pavillón dos Remedios en Ourense fronte ao Abo.