Logrou 6 dos 13 delegados que forman co Comité da provincia de Pontevedra

CC.OO, sindicato máis votado polo PAS na elección do Comité de Empresa dos campus de Vigo e Pontevedra

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
Mªdel Carmen Echevarría DUVI 12/12/2007

Con 6 delegados, CC.OO convértese no sindicato con maior representación nos campus de Vigo e Pontevedra, tralo proceso de elección do Comité de Empresa que representará os vindeiros catros anos ao persoal de administracións e servizos, PAS. Pola súa banda CIG obtén 3 delegados, UGT 2, CSIF 1 e a Candidatura Independente 1.
Este reparto é froito dos resultados obtidos polos sindicatos ao longo da xornada nas votacións celebradas nos campus de Vigo e Pontevedra que e no que no Colexio de Técnicos Administrativos CC.OO obtivo 63 votos, CIG 38, UGT 25 e CSIF 18.
Mentres, no Colexio de Especialistas CC.OO, tamén foi o sindicato que maior respaldo obtivo con 40 votos, CIG 21, UGT 6 e a Candidatura Independente 16.

Constitución do Comité Intercentros en xaneiro

O proceso que xa se celebrara o pasado mes de xuño, pero que tivo que se repetiu hoxe, tras ser anulado por unha sentencia xudicial, desembocará, previsiblemente no mes de xaneiro, na constitución do Comité Intercentros que estará formado por un máximo de 13 membros que representarán ao persoal laboral de administracións e servizos dos campus de Vigo, Pontevedra e Ourense. No caso do campus ourensán o resultado das votacións, celebradas en xuño, determinou que o Comité de Empresa quedara constituído por 3 membros da CIG, 1 de CC.OO e 1 de UGT.