A Escola Universitaria CEU de Maxisterio celebra o seu 50 aniversario

O acto reunirá a antigos alumnos e profesores

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI 26/11/2007
Coincidindo coa festividade do día do mestre, a Escola Universitaria CEU de Maxisterio celebra as súas vodas de ouro reunindo a antigos alumnos e profesores deste centro durante os últimos 50 anos. Centro adscrito á Universidade de Vigo, este escola imparte dúas titulacións, mestre na especialidade de Educación Infantil e mestre na especialidade de Educación Primaria.
Baixo o título 50 anos educando, o acto contará coa presenza de Juan Carlos Domínguez, director da Área de Xestión e Coordinación Educativa da Fundación Universitaria San Pablo-CEU, Carmen de Frías, relixiosa e ex profesora da escola, e Antonio Rodríguez, director do centro durante 32 anos. Xunto con eles, nesta celebración tomarán parte representantes das diversas promocións de profesores que saíron do centro. Entre eles asistirá o tenente de alcalde de Vigo, Santiago Domínguez Olveira, alumno da promoción 1982-1985, María del Carmen Cuadrado, estudante na primeira promoción desta escola entre 1956 e 1959, Elvira Rodríguez, antiga alumna da promoción 1977-1980 e Rafael Domínguez, alumno desta mesma promoción e tamén ex profesor da escola.
Este acto, que comezará no propio centro ás 12.15h, enmárcase dentro dun programa máis amplo de actividades que a Escola Universitaria CEU de Maxisterio ten previsto para conmemorar o medio século do docencia.