A Universidade de Vigo ten previsto poñer en marcha no curso 2018-2019 o primeiro mestrado en ciberseguridade de Galicia, que terá carácter interuniversitario e se impartirá conxuntamente na EE de Telecomunicación de Vigo e na Facultade de Informática da Universidade da Coruña. Esta titulación, que aínda está pendente de iniciar o proceso de verificación, nacerá cunha importante compoñente internacional, xa que ao abeiro do proxecto internacional LMPI, se poderán expedir diplomas dobres ou conxuntos con tres universidades vietnamitas. Os acordos coas institucións asiáticas asináronse este xoves no marco dunha visita institucional da Ho Chi Minh City University of Technology, Vietnam National University of Agriculture e Hanoi University of Science and Technology, socios de Vigo no LMPI (Licence master professionnel en protection informatique).
13/07/2017