Unha iniciativa da Vicerreitoría de Comunicación e RRII
A UVigo estrea canle de WhatsApp
A Vicerreitoría de Comunicación de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo acaba de lanzar a canle de WhatsApp da UVigo. A través desta aplicación, a comunidade universitaria, “aínda que o target primario é o estudantado”, sinala Mónica Valderrama, vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, poderá estar ao tanto das novas da institución académica.
Información sobre a actualidade, novas de interese, convocatoria de bolsas e avisos son algúns dos contidos aos que ás e os usuarios da canle terán acceso e aos que poderán reaccionar con emoticonas. Así mesmo, poderán responder ás enquisas que se publiquen nesta canle.