Coas obras de cinco alumnos de 3ª ciclo da facultade de Pontevedra
“Ahoras”, unha exposición que amosa a produción propia da investigación en Belas Artes
Ata o 14 de novembro na Sala X
Co obxectivo de amosar a creación artística que se produce de xeito natural a partir do labor de investigación no eido das belas artes, cinco alumnos de terceiro ciclo da facultade pontevedresa organizan unha exposición na que presentan a produción resultante do seu traballo como investigadores. Baixo o nome Ahoras, a mostra, que foi inaugurada na Sala X, engloba as obras dun momento preciso, “nin os pasados nin os proxectos futuros, senón o exercicio presente do artista”, explicou un dos participantes, José Andrés Santiago.
Ata o vindeiro 15 de novembro poderase visitar esta exposición interdisciplinar na que cada artista participa cunha peza relacionada coa súa investigación, como a obra Rickenbaker. Dos almas de Ana Seoane, radiografías dunhas guitarras eléctricas nunhas caixas de luz, coa que a autora pretende explicar que “a pintura non soamente é pintura, senón que hai moitas formas de facer pintura sen empregar pinturas propiamente”.
Outra das obras que dan contido á mostra é a de José Manuel Mouriño, que está realizando a súa tese sobre cine e participa neste proxecto cun vídeo montado con escenas de películas clásicas. Tamén hai espazo para disciplinas máis innovadoras como a reciclaxe coa que está a traballar Lucía Romaní, unha das artistas que amosa un boneco feito de peluches.
Pola súa banda, dentro do centro pontevedrés os diferentes grupos enfocan o seu traballo por unha triple vertente: a científica, a conceptual e a artística. En moitos aspectos o posgrao responde sen problemas as dúas primeiras facetas pero pode descoidar a parte artística e precisamente é este punto a orixe da mostra Ahoras. “Existe unha tendencia a pensar que cando un artista se dedica á investigación, sacrifica a súa actividade creadora cando, en realidade, ambas se atopan intrinsecamente ligadas”, apuntou José Andrés Santiago. Deste xeito, a exposición que xa se pode visitar na Sala X é a demostración de que a investigación non está pelexada coa creación e moito menos aínda nas belas artes.
Ata o vindeiro 15 de novembro poderase visitar esta exposición interdisciplinar na que cada artista participa cunha peza relacionada coa súa investigación, como a obra Rickenbaker. Dos almas de Ana Seoane, radiografías dunhas guitarras eléctricas nunhas caixas de luz, coa que a autora pretende explicar que “a pintura non soamente é pintura, senón que hai moitas formas de facer pintura sen empregar pinturas propiamente”.
Outra das obras que dan contido á mostra é a de José Manuel Mouriño, que está realizando a súa tese sobre cine e participa neste proxecto cun vídeo montado con escenas de películas clásicas. Tamén hai espazo para disciplinas máis innovadoras como a reciclaxe coa que está a traballar Lucía Romaní, unha das artistas que amosa un boneco feito de peluches.
Catro grupos de investigación
Lucía Romaní, José Andrés Santiago, José Manuel Mouriño, Miguel Cuba e Ana Seoane son os cinco alumnos que dan contido a esta exposición coas súas obras paralelas o seu labor como investigadores. Todos eles pertencen a variosun grupo de investigación da Facultade de Belas Artes e teñen un interese común por intentar establecer un diálogo entre cada peza individual e buscar un espazo cotián que sirva como plataforma para amosar os resultados do seu traballo nos grupos ES3, DX5, PE1 e DX7 respectivamente.Un pulo á faceta artística dentro da investigación
Nos últimos anos produciuse unha crecente preocupación e interese desde os gobernos e outros organismos polo desenvolvemento en termos de I+D, tanto fóra como dentro do marco universitario. Por outra parte, o progresivo aumento de lecturas de teses doutorais en Belas Artes, así como a madurez investigadora acadada pola facultade de Pontevedra, propiciaron unha situación favorable para o bo funcionamento dos grupos de investigación que, grazas ao maior número de axudas, concursos, convocatorias e contratos, van atopando o seu lugar dentro da Universidade.Pola súa banda, dentro do centro pontevedrés os diferentes grupos enfocan o seu traballo por unha triple vertente: a científica, a conceptual e a artística. En moitos aspectos o posgrao responde sen problemas as dúas primeiras facetas pero pode descoidar a parte artística e precisamente é este punto a orixe da mostra Ahoras. “Existe unha tendencia a pensar que cando un artista se dedica á investigación, sacrifica a súa actividade creadora cando, en realidade, ambas se atopan intrinsecamente ligadas”, apuntou José Andrés Santiago. Deste xeito, a exposición que xa se pode visitar na Sala X é a demostración de que a investigación non está pelexada coa creación e moito menos aínda nas belas artes.