DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Con puntos de entrega en CC Experimentais e nas dúas sedes de Enxeñería Industrial

Alumnado do campus pon en marcha unha recollida solidaria para os afectados pola DINA

Poden facerse doazóns ata o vindeiro mércores 4 de decembro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Asociacións de Estudantes
  • Cooperación
  • Estudantes
DUVI 27/11/2024

O alumnado do campus de Vigo saca unha vez a súa cara máis solidaria e faino coa posta en marcha dunha recollida solidaria de alimentos para os afectados pola DINA. A iniciativa botou a andar hai uns días desde a Delegación de Alumnado da Facultade de Bioloxía e axiña se uniron a ela outros centros, entre eles, a Escola de Enxeñería Industrial, con puntos de recollida tanto na sede do campus como na da cidade.

Agradecen especialmente a entrega de alimentos sen glute e sen lactosa, así como botellas de auga, conservas, patés, comida e leite preparado para bebés, así como tamén comida para animais. 

As persoas interesadas en colaborar poden facelo ata o vindeiro mércores 4 de decembro.