Cun concerto no Teatro Vidal Bolaño
Bonovo, un trío lixeiramente asíncrono, pecha a programación musical do 2007
O grupo Bonovo é o encargado de pechar a programación musical proposta para o 2007 pola vicerreitoría de Extensión Universitaria. O público reunido no Teatro Vidal Bolaño para asistir ao concerto ofrecido por esta formación musical, fundada co propósito de lograr unha nova sonoridade, puido gozar da mestura dos sons que cada un dos compoñentes leva no seu interior e que da como resultado un trío lixeiramente asíncrono.
Este grupo ten como máxima a fusión de tres personalidades nunha simbiose musical imprevisible. Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpiño Viascón rompen barreiras co establecido utilizando sons acústicos mesturados con tecnoloxía de vangarda, explorando máis alá do coñecido as posibilidades de tres instrumentos tan polivalentes como a zanfona, o acordeón e a batería.