Por sexto ano consecutivo, entre a oferta de obradoiros de extensión universitaria que este curso se ofertan no campus de Ourense está o dedicado á gaita galega. A formación consolídase na programación cultural contando xa cun grupo de alumnos e alumnas estable que xa ten formado o seu propio grupo para participar de xeito informal en foliadas e festas. “Estamos moi contentos coa xente que asiste este curso ao obradoiro”, comenta Gonzalo Abelairas, gaiteiro ourensán encargado de impartir a formación.
30/10/2019