Muller e traballo na era dixital, ventres de alugueiro, cultura da violación, imaxe da muller na publicidade, muller e rendemento deportivo, perspectiva de xénero nas actuacións dos operadores xurídicos... A Unidade de Igualdade ten preparadas para este ano preto dunha vintena de actividades docentes con perspectiva de xénero coas que axudar a espallar a cultura da igualdade entre todo o alumnado da Universidade de Vigo. Organizadas por persoal docente e investigador de diferentes escolas e facultades, haberá actos (xornadas, conferencias, talleres...) ao longo de todo o ano nos tres campus.
15/02/2018