As egresadas e egresados da Universidade de Vigo que contan cun título de doutoramento tardan menos tempo en atopar traballo, teñen unha maior taxa de ocupación e tamén uns ingresos maiores. Así se desprende do Estudo de inserción laboral das persoas tituladas en estudos oficiais de grao, mestrado e doutoramento da UVigo no curso 2020/2021 presentado este luns no edificio Redeiras.
23/09/2024