A catedrática e a docente da Facultade de Belas Artes, Yolanda Herranz Pascual e Andrea Costas Lago, protagonizan, xunto a Marta María Pérez Bravo, desde hoxe nas salas frontais do 1º andar do Marco a mostra Unha imaxe de si. Comisariada por Miguel Fernández-Cid e María Seoane, a exposición, na que a través da súas fotografías, vídeos e performances as tres artistas afondan nos territorios da autorrepresentación dende diferentes perspectivas, poderá visitarse ata o 9 de marzo.
05/12/2024