En 2016, despois de ter editado 44 libros, o Centro de Estudos Fotográficos que coordinan Xosé Luis Suárez Canal e o profesor da Facultade de Belas Artes Manuel Sendón puxo fin á súa actividade editorial, que agora rememoran nunha exposición na que participa a tamén profesora de BBAA Ana Soler.
A Área de Responsabilidade Social e Cooperación da Universidade de Vigo pon en marcha unha campaña de divulgación na web e redes sociais para dar a coñecer a Axenda 2030 entre a comunidade universitaria.
A mostra As caras dos libros recolle máis dun cento de cubertas, tanto de libros de Carlos Casares como de volumes da colección Árbore. A exposición, que se poderá visitar ata o 28 deste mes na sede de Torrecedeira da Escola de Enxeñería Industrial, inaugurouse este xoves.
O investigador da Facultade de Belas Artes José Andrés Santiago é o coordinador, xunto co profesor da universidade británica de Hull Manuel Hernández-Pérez coordina Japón para otakus, a primeira publicación especializada en turismo para persoas afeccionadas ao cómic e á animación xaponesa que se edita en castelán.
Ofrecer “unha visión desde dentro do proceso de desmantelamento da educación pública ao que estamos asistindo na actualidade” foi o propósito inicial que levou a nove estudantes do máster en Arte Contemporánea. Creación e Investigación e dar forma á exposición Educación en crise.
reseñas, a actividade mensual de dinamización da lectura promovida pola biblioteca universitaria de Torrecedeira, propón para este mes a lectura de En defensa da conversación (Ático de los libros).
Os obradoiros de extensión universitaria que se celebrarán a longo deste segundo cuadrimestre no campus de Ourense xa teñen aberto o seu prazo de inscrición. Nesta edición son sete as opcións que teñen para continuar formándose fóra das aulas os membros da comunidade universitaria e a cidadanía en xeral interesada. Entre elas, a principal novidade é un curso sobre o mundo do viño.
Febreiro é un mes frío e invernal, pero tamén se comeza a albiscar a chegada da primavera, con días cada vez máis longos que convidan a retomar as actividades ao aire libre e a volver tamén a coller rutinas tras a época dos exames. Para isto, os obradoiros de Extensión Universitaria do segundo cuadrimestre ofertan un programa con nove talleres diferentes.
A “súper protección” penal da Coroa, os ataques á súa imaxe e o exercicio do dereito á liberdade de expresión. Estes son os puntos de partida do novo libro do profesor de Dereito e Deontoloxía da Comunicación Fernando Ramos que presentou este xoves na sede de Torrecedeira da Escola de Enxeñería Industrial.
Como xa o fixeron anteriormente os campus de Vigo e Pontevedra, este xoves o campus de Ourense acolleu a celebración dun Obradoiro de caligrafía chinesa, gratuíto e aberto ás persoas interesadas organizado polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
Desde 2014, o campus de Pontevedra conta cun coro de seu, dirixido polo profesor Marco Lucato, unha formación que, despois de retomar os seus ensaios tralo parón de Nadal, busca incorporar novos e novas membros á formación.
Co obxectivo de contribuír a que a xente gañe espazo nas súas vivendas pero conserve a cultura, a técnica especialista de biblioteca Tina Parcero propuxo a creación no centro de Libros libres, unha mesa de depósito e intercambio de lectura.
Desde esta fin de semana a sede da Fundación Vicente Risco, no concello ourensán de Allariz, acolle a exposición Colección Estado Crítico 3, formada por once obras doadas á Sala Alterarte do campus de Ourense polas e polos once artistas que expuxeron nela entre finais de 2015 e primeiros meses de 2018, no marco do proxecto Estado Crítico 3.
Dar a coñecer a Aula Confucio da Universidade de Vigo, impulsada ao abeiro do convenio asinado coa Universidad de León, así como a cultura e a lingua chinesas son os obxectivos que levaron ao Centro de Linguas a programar, por primeira vez no campus, uns obradoiros de caligrafía e recortado de papel.
Música clásica en directo. A comunidade universitaria tivo este mércores a oportunidade de asistir en primicia aos ensaios da Orquestra Barroca Vigo 430. A cita foi no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.