Falar de saúde e facelo desde unha perspectiva de xénero, formando e informando aos e ás asistentes sobre cuestións como o ciclo menstrual, a saúde mental perinatal ou a menopausa. Ese é o obxectivo do curso de verán, promovido pola Vicerreitoría do campus, Vida saudable da muller ao longo do seu ciclo vital, que desde este mércores se desenvolve en Catoira.
03/07/2019