Ás 18.00 horas do 18 de abril de 1994 a TVG emitía por primeira vez o Xabarín Club. 30 anos despois, o programa tense convertido nunha referencia en moitos eidos, como o da dobraxe, o da musica ou o da normalización lingüística. Para poñer en valor todos estes fitos, a Biblioteca Central do campus de Vigo acolle unha mostra que repasa as series, os debuxos, as cancións, etc. que están no imaxinario colectivo.
17/06/2024