DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O feminino, pola contra segue invicto

O Campus masculino acumula 15 derrotas consecutivas

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
Marta Casanova DUVI 29/01/2008
O Campus masculino segue sen levantar cabeza. A desta fin de semana en Lugo ante o Estudiantes é a súa décimo quinta derrota consecutiva e a situación non pinta ben para o equipo, que non sae do derradeiro posto da clasificación. Nino Santos, o adestrador comentou que “xogamos moi mal, fixemos algún minuto bo pero en xeral, mal, saímos xa desconcentrados e o arrastramos todo o encontro, fomos perdendo todo o tempo ata rematar 91-72” comentou, e engadiu que “ademais estabamos en cadro, tiñamos moitas baixas”.
A vindeira ocasión será contra o Arzúa o próximo sábado fóra de casa.

O equipo feminino

En canto ao equipo das mozas a situación é moi diferente. Nas catro xornadas xogadas e a piques de comezar a segunda volta o feminino do Campus non coñece a derrota. Esta fin de semana, na casa contra o Peleteiro de Santiago venceron por 68-28 nun partido no que segundo o seu adestrador, Roberto, “sempre fomos gañando, pero foi no terceiro cuarto cando o encontro se rompeu porque fixemos moita presión, recuperamos moitos balóns e encestamos moito porque ademais eramos superiores en altura” explicou.
A próxima semana, e aínda que si haberá liga, o equipo non xogará porque o número de conxuntos é impar. Volverá ás canchas o día 17 contra o San Xosé da Guía en Vigo.