DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Tras un partido moi igualado

O Campus Universitario acumula unha nova derrota ante o Noribérica Mos

Rematará a tempada enfrontándose ao Celso Míguez de Pontevedra

Etiquetas
  • Ourense
  • Deportes
DUVI DUVI 28/04/2008

A pesar do bo xogo desempeñado durante todo o encontro, o equipo masculino do Campus Universitario trouxo para a casa unha nova derrota trala visita esta fin de semana ao Noribérica Mos. 60-56 foi o resultado dun partido que “estivo moi igualado”, tal como comenta Roberto Pérez, adestrador en funcións en ausencia de Nino Santos, que explica que “a clave da derrota estivo nos últimos minutos do partido. A pesar de que tivemos varias oportunidades de canastra, faltounos puntería para encestar”. Ademais, ao longo de todo o encontro os ourensáns fallaron “máis de vinte triples”, segundo palabras do técnico, que considera que “é unha porcentaxe demasiado elevada”.
Na próxima xornada, que será a última deste tempada, os do Campus viaxarán á cidade de Pontevedra para enfrontarse ao Celso Míguez, “un equipo ante o que temos posibilidades de vencer, xa que o seu nivel é moi semellante ao noso”, tal como afirma Pérez. De todos modos, sexa cal sexa o resultado, “o futuro do Campus Universitario masculino está decidido”, segundo afirma o propio adestrador, que engade que “na próxima tempada deixamos a categoría de Primeira Nacional para descender á Autonómica”

O equipo feminino

Pola súa banda, o equipo feminino non participa na competición ata o vindeiro 10 de maio. O rival para esa ocasión saíra da eliminatoria que, en breve, enfrontará ao equipo do Colexio Mariano de Vigo e aos Maristas de A Coruña.