O C.D. Universidade de Vigo entra na segunda división do tenis español
O rugby tamén se anota unha vitoria
Tras saír vencedor no enfrontamento desta fin de semana ante o C.T. Molina de Segura, o equipo de tenis feminino do C.D. Universidade de Vigo conquistou o título de campión da categoría C e ascende á segunda división. O adestrador da formación, Joaquín Comesaña, valora esta vitoria como “un gran logro por non contar con ningunha xogadora profesional”, e engadiu que “hai que agradecer este éxito á motivación das rapazas, que se esforzan e van logrando obxectivos que son complicados para alguén que compatibiliza o deporte cos estudos ou co traballo”.
As xogadoras do C.D. Universidade de Vigo pasan, deste xeito, a competir entre os vinte e catro mellores clubs do Estado, algo moi complicado para “un equipo con escasos medios, como é o noso”, tal como afirmou Comesaña, apuntando que “a aspiración para a próxima tempada é manter a categoría e poder xogar na fase de ascenso”.
Tras lograr o ascenso á categoría B, equipo e adestrador volven ao traballo co pensamento posto no Campionato Galego, que se celebrará a comezos do 2008 e no que “o obxectivo é quedar campións” segundo afirma o adestrador, que lembra que “este ano xa conseguimos a segunda posición”
Os vigueses, ao revés que noutros partidos, fixeron unha importante labor na defensa e foron quen de aguantar o resultado. O encontro comezou de cara, posto que xa na primeira xogada Chuki logrou un ensaio nunha gran acción dos tres cuartos e unha intelixente patada do apertura Arri.
O único punto negativo do partido foi a inclusión de novos xogadores na grosa lista de lesionados do Universidade de Vigo de Rugby, entre eles destaca o portugués Luis Palm, que xa ao comezo do encontro sufriu unha rotura de nariz.
O colexiado pucelano Sr. Raposo dirixiu un partido no que destacou a gran deportividade de ambos equipos.
As xogadoras do C.D. Universidade de Vigo pasan, deste xeito, a competir entre os vinte e catro mellores clubs do Estado, algo moi complicado para “un equipo con escasos medios, como é o noso”, tal como afirmou Comesaña, apuntando que “a aspiración para a próxima tempada é manter a categoría e poder xogar na fase de ascenso”.
Tras lograr o ascenso á categoría B, equipo e adestrador volven ao traballo co pensamento posto no Campionato Galego, que se celebrará a comezos do 2008 e no que “o obxectivo é quedar campións” segundo afirma o adestrador, que lembra que “este ano xa conseguimos a segunda posición”
O rugby tamén se anota unha vitoria
O Universidade de Vigo de Rugby suma un novo éxito nesta tempada tras vencer na casa ao club madrileño Cisneros por 19-15. O numeroso público asistente ao campus puido gozar dun partido moi igualado, xa que o marcador era de 12-15 no descanso e foi nos últimos cinco minutos onde se produciu a maior tensión do encontro cos da capital a punto de facer ensaio en varias ocasións.Os vigueses, ao revés que noutros partidos, fixeron unha importante labor na defensa e foron quen de aguantar o resultado. O encontro comezou de cara, posto que xa na primeira xogada Chuki logrou un ensaio nunha gran acción dos tres cuartos e unha intelixente patada do apertura Arri.