De man da compañía valenciana Titola Teatre
Circo, danza, percusión e mimo na segunda entrega da programación de teatro de rúa
Unha combinación de técnicas de circo, danza, percusión e teatro xestual serviu para amenizar o xantar dos comensais que este mediodía se atopaban no centro comercial da Cidade Universitaria. Da man da compañía valenciana Titola Teatre, resultado da asociación de Susana Solly e Raúl Garbayo, tivo lugar a segunda actuación de teatro de rúa prevista pola Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes.
Os presentes puideron gozar dun espectáculo multidisciplinar cunha posta en escena moi sinxela, baseada no uso de elementos cotiáns.
A trama da obra representada, Camarero, una de..., céntrase en dous camareiros que se afanan en preparar as mesas dun restaurante ao tempo que xorden enxeñosas situacións con cadeiras, meses, ovos, trapos, manteis, botellas e calquera outro utensilio en busca de vinganza. Por se isto fose pouco, ante a falta de clientes, vense obrigados a inventalos.