Dentro das actividades da Rede Eures
Colexios profesionais e Universidade unidos a prol da mobilidade europea
Favorecer o coñecemento mutuo e promover vías de colaboración de carácter permanente universidade- colexios profesionais foi o obxectivo da I Xornada de Comunicación Colexios Profesionais- Universidade que este martes tivo lugar no Edificio Miralles da Cidade Universitaria. Iván Area, vicerreitor de Relacións Institucionais, e Pedro Borrajo, delegado provincial da Consellería de Traballo, foron os encargados de inaugarar a xornada na que participaron, entre outros, os colexios profesionais de Bioloxía, Enxeñeiros Agrónomos, Farmacia, Química, Fisioterapia, Enxeñeiros Informáticos, Xestores Administrativos, Sociólogos e Politólogos.
Iván Area explicou aos representastes dos colexios profesionais as características máis salientables da Rede Eures, apuntando que “o obxectivo é dar información sobre as condicións de vida e de traballo nos diversos países europeos, e neste sentido, desde a Universidade de Vigo, no marco do Eures, organízanse distintas xornadas e accións concretas dirixidas a diversos sectores”. Como exemplos destas accións sinalou o Forumemprego, orientado a ofrecerlle aos estudantes datos de interese de cara ao seu futuro laboral, e as xornadas con empregadores para coñecer a súa visión á hora de dar novos impulsos á mobilidade transfronteiriza. O vicerreitor de Relacións Institucionais destacou ademais, que a “Universidade de Vigo é a única do Estado que conta cunha conselleira Eures en Bruxelas, o que lle permite participar nun grupo de traballo que define as políticas de emprego e mobilidade da Unión”.
No caso do delegado da Consellería, Pedro Borrajo, quixo destacar que este seminario é o resultado da “proposta que os parceiros do EURES Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal fixeron á Comisión Europea ante a necesidade de establecer contacto con asociacións que aglutinan a titulados universitarios, defenden os seus intereses e interveñen en procesos de recoñecemento de estudos para desenvolver o exercicio profesional nos países da Unión Europea”.
Pola súa banda, os representantes dos colexios profesionais valoraron moi positivamente a actividade, felicitando ao vicerreitor tanto pola iniciativa como pola excelente organización do acto, animándoo a continuar nesta liña.
Para Martínez Cobas este tema “está moi de moda no ámbito da empresa e da economía e nel cada vez estase traballando máis e cunha forte vocación de continuidade. Ademais, supón unha visión da xestión interna que transcende o propio beneficio para asumir que o importante é o modo en que a organización leva a cabo as súas funcións” . Segundo a súa visión, neste novo panorama a empresa deixa de ser vista unicamente como unha fonte de creación de riquezas, e pasa a render contas das súas accións ante os grupos de interese que interaccionan con ela e que están interesados, entre outras cousas, polas políticas de igualdade salarial home-muller e de prevención de riscos laborais que a organización asume.
Un papel especialmente eficaz desenvólveo nas rexións transfronteirizas por ser áreas xeográficas que rexistran importantes fluxos de persoas que viven nun país e traballan noutro. Co obxectivo de eliminar obstáculos administrativos, xurídicos e fiscais para a mobilidade creouse en 1998 o Eures Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, constituído por asociacións empresariais, sindicatos e universidades pertencentes a este espazo.
Iván Area explicou aos representastes dos colexios profesionais as características máis salientables da Rede Eures, apuntando que “o obxectivo é dar información sobre as condicións de vida e de traballo nos diversos países europeos, e neste sentido, desde a Universidade de Vigo, no marco do Eures, organízanse distintas xornadas e accións concretas dirixidas a diversos sectores”. Como exemplos destas accións sinalou o Forumemprego, orientado a ofrecerlle aos estudantes datos de interese de cara ao seu futuro laboral, e as xornadas con empregadores para coñecer a súa visión á hora de dar novos impulsos á mobilidade transfronteiriza. O vicerreitor de Relacións Institucionais destacou ademais, que a “Universidade de Vigo é a única do Estado que conta cunha conselleira Eures en Bruxelas, o que lle permite participar nun grupo de traballo que define as políticas de emprego e mobilidade da Unión”.
No caso do delegado da Consellería, Pedro Borrajo, quixo destacar que este seminario é o resultado da “proposta que os parceiros do EURES Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal fixeron á Comisión Europea ante a necesidade de establecer contacto con asociacións que aglutinan a titulados universitarios, defenden os seus intereses e interveñen en procesos de recoñecemento de estudos para desenvolver o exercicio profesional nos países da Unión Europea”.
Pola súa banda, os representantes dos colexios profesionais valoraron moi positivamente a actividade, felicitando ao vicerreitor tanto pola iniciativa como pola excelente organización do acto, animándoo a continuar nesta liña.
Responsabilidade Social Corporativa
Xavier Martínez Cobas, docente de Economía Financeira e Contabilidade na Universidade e anterior vicerreitor de Relacións Institucionais, foi o encargado de ofrecer a primeira conferencia desta xornada, centrada na Responsabilidade Social Corporativa.Para Martínez Cobas este tema “está moi de moda no ámbito da empresa e da economía e nel cada vez estase traballando máis e cunha forte vocación de continuidade. Ademais, supón unha visión da xestión interna que transcende o propio beneficio para asumir que o importante é o modo en que a organización leva a cabo as súas funcións” . Segundo a súa visión, neste novo panorama a empresa deixa de ser vista unicamente como unha fonte de creación de riquezas, e pasa a render contas das súas accións ante os grupos de interese que interaccionan con ela e que están interesados, entre outras cousas, polas políticas de igualdade salarial home-muller e de prevención de riscos laborais que a organización asume.
A Rede Eures
Creada en 1993, a Rede Eures, ten por obxecto facer realidade a mobilidade laboral en Europa, poñendo en contacto ofertas e demandas de emprego a nivel europeo e contribuíndo á consolidación dun mercado único. Sobre a importancia desta rede para a mobilidade e o exercicio profesionaol en Europa versou a conferencia de Emilia Seoane, profesora asociada e conselleira Eures da Universidade.Un papel especialmente eficaz desenvólveo nas rexións transfronteirizas por ser áreas xeográficas que rexistran importantes fluxos de persoas que viven nun país e traballan noutro. Co obxectivo de eliminar obstáculos administrativos, xurídicos e fiscais para a mobilidade creouse en 1998 o Eures Transfronteirizo Galicia – Norte de Portugal, constituído por asociacións empresariais, sindicatos e universidades pertencentes a este espazo.