Na clausura do workshop sobre "Modelización matemática"
O conselleiro do Medio Rural considera fundamental o traballo científico no combate contra os incendios
"O traballo científico, técnico e de investigación é fundamental no combate contra os lumes". Con esta contundencia se expresou o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suarez Canal, na clausura do workshop sobre Modelización matemática e simulación numérica de propagación de incendios forestais, celebrado na ETSE de Telecomunicación e no que tomaron parte 60 científicos chegados a Vigo de diferentes puntos de España e tamén do estranxeiro.
Este workshop enmárcase, por un lado, no proxecto nacional Matemática Ingenio 2010, que reúne á maior parte dos matemáticos de España, e por outra banda, na rede Computing and Consulting de Galicia, que financiada pola Xunta de Galicia, reúne a matemáticos e informáticos entorno ó centro de supercomputación CESGA para tratar problemas industriais e medioambientais.
Pola súa banda na clausura das sesións, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, expresou a súa satisfacción por unha actividade moi cercana á sociedade. "Os incendios se ven como plaga bíblica, pero este workshop demostrou que desde a universidade se pode trabllar para solucionala" , afirmou o reitor. Ás reprecusións que os lumes teñen na sociedade tamén se referiu o conselleiro Suarez Canal que lembrou o traballo desenvolvido polo executivo autonómico desde a chegada do bipartito ao goberno da Xunta. O titular de Medio Rural reivindicou " a materia gris" como fundamental para atallar os lumes e prever a súa evolución, permitindo aos políticos tomar decisións. "Depende de todos poñerlle coto ao problema", afirmou Suarez Canal que comprometeu a colaboración da consellería cos investigadores no combate contra os incendios forestais.
Este workshop enmárcase, por un lado, no proxecto nacional Matemática Ingenio 2010, que reúne á maior parte dos matemáticos de España, e por outra banda, na rede Computing and Consulting de Galicia, que financiada pola Xunta de Galicia, reúne a matemáticos e informáticos entorno ó centro de supercomputación CESGA para tratar problemas industriais e medioambientais.
Unha actividade cercana á sociedade
No workshop os participantes nas sesións, compartiron experiencias e coñeceron novas liñas de traballo nas investigacións sobre expansión do lume. Especialmente interesante resultou, segundo o organizador das sesións e profesor da Universidade de Vigo, José Durany "o intercambio de opinións que mantivemos entre representantes políticos e investigadores". Durany pediu o respaldo da Xunta no traballo que realizan e "no que non faltan nin ganas, nin materia prima" e comprometeu o esforzo dos investigadores galegos por acadar o nivel dos colegas que estes días participaron no workshop.Pola súa banda na clausura das sesións, o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, expresou a súa satisfacción por unha actividade moi cercana á sociedade. "Os incendios se ven como plaga bíblica, pero este workshop demostrou que desde a universidade se pode trabllar para solucionala" , afirmou o reitor. Ás reprecusións que os lumes teñen na sociedade tamén se referiu o conselleiro Suarez Canal que lembrou o traballo desenvolvido polo executivo autonómico desde a chegada do bipartito ao goberno da Xunta. O titular de Medio Rural reivindicou " a materia gris" como fundamental para atallar os lumes e prever a súa evolución, permitindo aos políticos tomar decisións. "Depende de todos poñerlle coto ao problema", afirmou Suarez Canal que comprometeu a colaboración da consellería cos investigadores no combate contra os incendios forestais.