Investigación, infraestruturas e adapación ao EEES, eixos da proposta orzamentaria
O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aproba un orzamento de 174 millóns de euros para 2008
Na sesión o reitor propuxo a contratación de Ana Fernández Pulpeiro como xerenta
Con 23 votos a favor, seis en contra e unha abstención, o Consello de Goberno aprobou o orzamento da Universidade de Vigo para o 2008 por un importe de 174,2 millóns de euros, o que supón un incremento dun 14% respecto aos ingresos consignados no ano 2007. Na súa exposición ante o Consello de Goberno, a vicerreitora de Economía, María Montero, explicou que, do total dos 174 millóns de euros, o 65% do total, 114 millóns, proceden do Plan de Financiamento da Xunta, mentres que 27,3 millóns proceden de financiación externa por competencia, 15,7 de precios e taxas e 17,5 millóns, doutros ingresos. Destacar ademais, dentro do incremento global do 14% o referido á previsión de captación de fondos en réxime competitivo por parte dos investigadores da Universidade, cun aumento de máis de 6 millóns de euros, mentres que no caso nas convocatorias da Xunta para persoal de I+D+i, supoñen un incremento de 2,5 millóns respecto ao ano pasado.
A terceira liña de gastos que se priorizará é a referida ao plan de reforma das titulacións, incluíndo grao e posgrao, para o que se establecen diferentes partidas orzamentarias destinadas á definición do crédito ECTS, implantación de novos títulos de máster ou apoio aos centros na preparación dos novos planos de estudo.
Por outra banda, no orzamento de 2008 consolídase o apoio financeiro ao Plan de desgravacións docentes iniciado en 2007, ao tempo que se abren novas liñas vinculadas a resultados de investigación, co obxectivo de dar apoio académico ás liñas estratéxicas que o equipo de goberno considera máis relevantes.
No referido ao programa de mobilidade internacional, establécese unha previsión para 2008 de case 600 estudantes e 100 docentes que tomarán parte en diferentes programas de mobilidade da Axencia Nacional Erasmus ou da Axencia Española de Cooperación Internacional e contará cun orzamento de algo máis de 2 millóns de euros.
Liñas de actuación preferentes ás que se engaden outras como o compromiso co Plan de Calidade Docente que contempla dotación de 450.000 euros no caso dos centros, de 360.000 no dos departamentos; o compromiso coa sostibilidade e o medio ambiente a través dos programas SUMA, Campus Terrae e Campus Vedra e o fomento de proxectos de investigación que contempla axudas aos grupos de referencia de 1,4 millóns de euros o que supón un incremento bruto de 200.000 euros, respecto a 2007.
Tal e como confirmou a vicerreitora de Economía, as maiores taxas de crecemento nos programas de orzamento para 2008 "rexístranse nos programas de actuacións para a converxencia co Espazo Europeo de Educación Superior, de Relacións Institucionais, proxectos de investigación con financiamento externo, da Oficina de Medio Ambiente, de Formación e Innovación Educativa, da Oficina de Relacións Internacionais e de Formación de Investigadores".
"Este novo equipo xerencial terá sobre a mesa", dixo Gago, "algúns compromisos adquiridos que proceden dos proxectos iniciados en 2007, pero terán fixados outros obxectivos adicionais como un plan estratéxico de xerencia, un plan de descentralización administrativa e financeira, un plan de política de persoal e de formación e un plan específico de xestión académica".
Pola súa banda os representantes sindicais dos traballadores demandaron á futura xerenta o cumprimento dos acordos acadados e a resolución de cuestións pendentes, para o que xa adiantaron a súa intención de solicitar unha reunión coa responsable da Xerencia coa finalidade avanzar e dar solución de forma conxunta aos problemas que afectan ao persoal e alumnos da Universidade de Vigo.
O Consello tamén aprobou por maioría (20 votos a favor, 6 en contra e unha abstención), autorizar ao reitor para a resolución da cesión e reversión á Universidade do Teatro Universitario, así como o plan de desgravacións docentes no POD do curso 08/09.
Liñas prioritarias de gasto
Trala exposición destes datos, Montero definiu a situación financeira da Universidade de Vigo como "estable e saneada, aínda que non se pode falar de suficiencia financiera, polo que é necesario mellorar este aspecto no que a Xunta de Galicia parece que xa está a camiñar". A continuación, a vicerreitora de Economía centrouse en explicar as liñas preferentes de gasto para o vindeiro ano e que son: mellora salarial, estabilidade e promoción; infraestruturas docentes e de investigación; plan de reforma das titulacións; plan de desgravacións por actividades docentes e de investigación e programa de mobilidade internacional. Para atender a primeira das liñas, o Capítulo de Persoal, medra a unha taxa do 10%, situándose en casi 87 millóns de euros, unha cantidade coa que se poderá dar cumprimento aos acordos suscritos e apoiar aos Plans Especiais de Promoción. En canto ás infraestruturas de investigación, o orzamento contempla unha algo máis de 13,5 millóns de euros para actuacións como as novas instalacións do CACTI, a finalización e amoblamento do CITI, a segunda fase da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, a finalización do módulo tecnolóxico industrial e o inicio do planeamento dun centro de investigacións biomédicas. Pola súa banda, para infraestruturas docentes e administrativas está contemplado un gasto de algo máis de 11 millóns de euros que se destinarían a actuacións como a 1ª fase do proxecto de Vías Elevadas de Paulo Mendes da Rocha, a Facultade de CC da Educación e do Deporte de Pontevedra, o planeamento de gardeirías nos tres campus, o proxecto básico do edificio das Artes de Pontevedra, a adquisición do Teatro de Cidade Universitaria e actuacións de reforma e adaptación en centros docentes e edificios centrais.A terceira liña de gastos que se priorizará é a referida ao plan de reforma das titulacións, incluíndo grao e posgrao, para o que se establecen diferentes partidas orzamentarias destinadas á definición do crédito ECTS, implantación de novos títulos de máster ou apoio aos centros na preparación dos novos planos de estudo.
Por outra banda, no orzamento de 2008 consolídase o apoio financeiro ao Plan de desgravacións docentes iniciado en 2007, ao tempo que se abren novas liñas vinculadas a resultados de investigación, co obxectivo de dar apoio académico ás liñas estratéxicas que o equipo de goberno considera máis relevantes.
No referido ao programa de mobilidade internacional, establécese unha previsión para 2008 de case 600 estudantes e 100 docentes que tomarán parte en diferentes programas de mobilidade da Axencia Nacional Erasmus ou da Axencia Española de Cooperación Internacional e contará cun orzamento de algo máis de 2 millóns de euros.
Liñas de actuación preferentes ás que se engaden outras como o compromiso co Plan de Calidade Docente que contempla dotación de 450.000 euros no caso dos centros, de 360.000 no dos departamentos; o compromiso coa sostibilidade e o medio ambiente a través dos programas SUMA, Campus Terrae e Campus Vedra e o fomento de proxectos de investigación que contempla axudas aos grupos de referencia de 1,4 millóns de euros o que supón un incremento bruto de 200.000 euros, respecto a 2007.
Tal e como confirmou a vicerreitora de Economía, as maiores taxas de crecemento nos programas de orzamento para 2008 "rexístranse nos programas de actuacións para a converxencia co Espazo Europeo de Educación Superior, de Relacións Institucionais, proxectos de investigación con financiamento externo, da Oficina de Medio Ambiente, de Formación e Innovación Educativa, da Oficina de Relacións Internacionais e de Formación de Investigadores".
Respaldo maioritario
Tras un debate no que os profesores e membros do grupo da oposición Nova Universidade, Xosé Luis Legido e Javier Rodríguez Berrocal, e o presidente da xunta de persoal funcionario de administración e servizos, Xoan Cebro, demandaron ao equipo de goberno a priorización dos recursos humanos para mellorar a docencia e a investigación, así como unha firme aposta pola calidade e a formación, ao tempo que rexeitaron a execución de actuacións como de Vías Elevadas, o proxecto de orzamentos da Universidade de Vigo para 2008, foi sometido a votación logrando 23 votos a favor, 6 en contra e unha abstención. Unha vez aprobado polo Consello de Goberno, o presuposto deberá ser ratificado polo Consello Social se reunirá o vindeiro día 27 de decembro.Ana Fernández Pulpeiro proposta como nova xerenta
Precisamente o Consello Social deberá pronunciarse tamén na súa reunión da próxima semana sobre a proposta realizada polo reitor ao Consello de Goberno para a contratación de Ana Fernández Pulpeiro como nova xerenta da Universidade de Vigo. Segundo avanzou Alberto Gago, o futuro equipo xerencial estará integrado por cinco vicexerentes cos contidos funcionais de planificación e xestión económica, xestión tecnolóxica, recursos humanos, campus de Pontevedra e xestión académica e outra do campus de Ourense."Este novo equipo xerencial terá sobre a mesa", dixo Gago, "algúns compromisos adquiridos que proceden dos proxectos iniciados en 2007, pero terán fixados outros obxectivos adicionais como un plan estratéxico de xerencia, un plan de descentralización administrativa e financeira, un plan de política de persoal e de formación e un plan específico de xestión académica".
Pola súa banda os representantes sindicais dos traballadores demandaron á futura xerenta o cumprimento dos acordos acadados e a resolución de cuestións pendentes, para o que xa adiantaron a súa intención de solicitar unha reunión coa responsable da Xerencia coa finalidade avanzar e dar solución de forma conxunta aos problemas que afectan ao persoal e alumnos da Universidade de Vigo.
Outros acordos
O Consello de Goberno na derradeira sesión do ano, aprobou ademais por asentimento unha declaración de apoio institucional á candidatura de Vigo para a Universiada 2013. Asi mesmo, deuse luz verde ao Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente na UVigo, SuMA, trala recepción de alegacións que serán, como avanzou o vicerreitor de Planificación, "incorporadas ao plan, contando ademais para o seu desenvolvemento coa adhesión de institucións como Sogama, INEGA, Unión Fenosa ou o Banco de Santander".O Consello tamén aprobou por maioría (20 votos a favor, 6 en contra e unha abstención), autorizar ao reitor para a resolución da cesión e reversión á Universidade do Teatro Universitario, así como o plan de desgravacións docentes no POD do curso 08/09.