DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Un curso on-line ofrece formación en xestión e produción de radio universitaria

Dirixido a gabinetes de prensa e servizos de comunicación

Etiquetas
  • Vigo
  • Académica
Romina Vázquez DUVI 30/01/2008
O 5 de marzo é a data prevista para o inicio da terceira edición do curso que a Universidade Jaume I de Castellón pon en marcha co obxectivo de formar ao persoal dos gabinetes de prensa e servizos de comunicación das universidades españolas, así como a titulados con experiencia no ámbito, en temas de xestión e produción do medio radiofónico.
Esta iniciativa xurde dentro do proceso xeralizado de implantación de radios propias no que se atopan as institucións educativas e que ven dado, por un lado, polo proceso de abaratamento da tecnoloxía das emisoras, e, por outro, pola necesidade das universidades de ampliar as súas canles de comunicación internas e externas.
O proxecto está apoiado pola Asociación de Gabinetes de Comunicación das Universidades Españolas e Centros de Investigación (AUGAC).

Desenvolvemento do curso

Os plantexamentos teóricos e prácticos que se expoñen nas 210 horas que dura o curso están encamiñados á posta en funcionamento de proxectos de radios, xa que se centra en desenrolar, de forma titorizada, un traballo real de creación dunha emisora universitaria.
Ao presentarse en modalidade on-line, cada bloque consta dunha serie de material formativo que se distribúe aos alumnos para o seu estudo e análise de cara a realizar con posterioridade unha sesión virtual onde se compraba o nivel de asimilación dos contidos e se solucionan as dúbidas ou cuestións xurdidas. A continuación, propóñense uns exercicios que o estudante deberá resolver para evidenciar o nivel de coñecementos acadado. O curso finaliza cun proxecto que se titoriza a través de Internet.

 

Máis información: http://www.fue.uji.es/formacion/vercurso.shtm?no_exp=EX080086