Reitores galegos e lusos asinaron en Porto o protocolo de cooperación
Definitivo impulso á creación dun programa oficial de posgrao en Nanomedicina entre Galicia e Portugal
Para Alberto Gago “é un primeiro paso nunha colaboración necesaria”
Este ano abrirase a matrícula do primeiro programa oficial de posgrao en Nanomedicina froito da cooperación interuniversitaria entre Galicia e Portugal e que contará, desde o inicio, coa participación de centros de investigación dos dous países e con módulos que se ofertarán nas universidades lusas de Aveiro, Porto e Minho en Portugal e as galegas de A Coruña, Santiago e Vigo.
A posta en marcha do programa será unha realidade trala sinatura entre o ministro de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal, José Mariano Gago e a conselleira de Educación da Xunta de Galicia, Laura Sánchez Piñón, dunha declaración conxunta a través da que as administracións lusa e galega, comprométense a impulsar o desenvolvemento do programa oficial.
No mesmo acto, celebrado no Círculo Universitario de Porto, os reitores das universidades participantes, rubricaron o protocolo de colaboración para a creación do título oficial, o primeiro que se desenvolverá conxuntamente.
Un feito sobre o que o reitor da Universidade de Vigo, apunta que “é a confirmación do prioritario desta relación entre Galicia e Portugal que sempre tivemos clara na nosa institución”. Alberto Gago agarda que “ este sexa un primeiro paso que teña continuidade con outras accións, como unha titulación de grao compartida ou convocatorias conxuntas de investigación”.
Para o desenvolvemento do programa, que conta coa adhesión dunhas vinte institucións portuguesas, as universidades constituirán unha estrutura común de xestión e asesoramento que inclúa unha comisión científica e unha comisión de asesoramento, constituída por especialistas internacionais.
Así mesmo o protocolo asinado hoxe, contempla a promoción de accións de investigación e formación de posgrao coa colaboración doutras institucións, empresas e centros de investigación, nomeadamente co Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga no que traballarán uns 200 científicos e que centrará a súa actividade na nanomedicina, medioambiente, control alimentario, nanomáquinas, nanomanipulación e nanoelectrónica. Un centro que, lembra o reitor da Universidade de Vigo, “poderá dotarse de persoal con estes estudantes de posgrao, ao tempo que captará investigadores de alto nivel”. E é que, asegura Gago “no espazo europeo da ciencia, por nós mesmos non temos a relevancia que acadamos todos xuntos participando nunha iniciativa destas características”.
Así mesmo e coa finalidade de impulsar a creación de titulacións compartidas e adaptadas ao EEES, entre universidades galegas e de Portugal, o pasado mes de xullo a Consellería de Educación e Caixanova asinaron un acordo de colaboración para fomentar o desenvolvemento de másters conxuntos de carácter profesionalizante, particularmente orientados á I+D+i e que sexan susceptibles de chegar a ser referentes europeos no seu sector.
A posta en marcha do programa será unha realidade trala sinatura entre o ministro de Ciencia e Tecnoloxía de Portugal, José Mariano Gago e a conselleira de Educación da Xunta de Galicia, Laura Sánchez Piñón, dunha declaración conxunta a través da que as administracións lusa e galega, comprométense a impulsar o desenvolvemento do programa oficial.
No mesmo acto, celebrado no Círculo Universitario de Porto, os reitores das universidades participantes, rubricaron o protocolo de colaboración para a creación do título oficial, o primeiro que se desenvolverá conxuntamente.
Un feito sobre o que o reitor da Universidade de Vigo, apunta que “é a confirmación do prioritario desta relación entre Galicia e Portugal que sempre tivemos clara na nosa institución”. Alberto Gago agarda que “ este sexa un primeiro paso que teña continuidade con outras accións, como unha titulación de grao compartida ou convocatorias conxuntas de investigación”.
Investigación e mobilidade dos estudantes
Centros de investigación de Portugal e Galicia participarán no programa que estará divido en módulos que se ofertarán nas seis universidades, de xeito que cada alumno deberá cursar algúns destes módulos en centros distintos aos de procedencia, o que favorecerá a mobilidade dos estudantes.Para o desenvolvemento do programa, que conta coa adhesión dunhas vinte institucións portuguesas, as universidades constituirán unha estrutura común de xestión e asesoramento que inclúa unha comisión científica e unha comisión de asesoramento, constituída por especialistas internacionais.
Así mesmo o protocolo asinado hoxe, contempla a promoción de accións de investigación e formación de posgrao coa colaboración doutras institucións, empresas e centros de investigación, nomeadamente co Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía de Braga no que traballarán uns 200 científicos e que centrará a súa actividade na nanomedicina, medioambiente, control alimentario, nanomáquinas, nanomanipulación e nanoelectrónica. Un centro que, lembra o reitor da Universidade de Vigo, “poderá dotarse de persoal con estes estudantes de posgrao, ao tempo que captará investigadores de alto nivel”. E é que, asegura Gago “no espazo europeo da ciencia, por nós mesmos non temos a relevancia que acadamos todos xuntos participando nunha iniciativa destas características”.
Impulso ás titulacións compartidas
O programa oficial de posgrao en Nanomedicina formará parte da oferta de posgraos adoptados a Europa, dos que este curso 2007/2008 xa se imparten un total de 44 no Sistema Universitario Galego.Así mesmo e coa finalidade de impulsar a creación de titulacións compartidas e adaptadas ao EEES, entre universidades galegas e de Portugal, o pasado mes de xullo a Consellería de Educación e Caixanova asinaron un acordo de colaboración para fomentar o desenvolvemento de másters conxuntos de carácter profesionalizante, particularmente orientados á I+D+i e que sexan susceptibles de chegar a ser referentes europeos no seu sector.