Derrota para o Universidade de Vigo de Rugby no último partido do 2007
Ante o Durango por 20-27
A xornada de peche da competición por este ano deixou ao Universidade de Vigo de Rugby na sexta posición da División de Honra trala derrota no partido que o enfrontou na casa ao Durango. O encontro empezou de forma favorable para o equipo vigués que, a pesar de estar condicionado polas numerosas baixas e lesionados presentes no cadro, chegou a ir gañando por 15-3 na primeira metade grazas aos ensaios de Diego e Mauro e a transformación efectuada por Arri.
A segunda parte do encontro estivo dominada polos vascos, que se meteron no partido tras lograr un ensaio e souberon aproveitar a expulsión de dez minutos do pilier Gastón para manter o control do balón en todo momento e rematar o partido con 20-27.
O colexiado andaluz Sr. Chicharro foi o encargado de dirixir o partido no que o Universidade de Vigo de Rugby contou para a súa alineación con Rodrigo, Agustín, Gastón, Josemari, Nacho Lobón, Paco, Antonio, Diego, Xose, Arri, Mauro, Alberto, Chuki, Xico, Cachopo e Xebe.