Terá entre catro e cinco mil termos e rematarase en marzo de 2009
Especial protagonismo da ETSE de Telecomunicación no Dicionario Galego das TIC
Na súa elaboración participan quince docentes, liderados por José Mª Pousada
A pouco habitual combinación entre traballo técnico e humanístico non botou atrás a un grupo de quince profesores da ETSE de Telecomunicación á hora de emprender un novo proxecto, a elaboración do Dicionario Galego das TIC, un volume que nace coa vocación de converterse no compendio documental de referencia que inclúa os termos e definicións que teñen cabida no amplo universo das Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
O proxecto, promovido polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación en colaboración coa Universidade de Vigo, a Consellería de Innovación e Industria e a Real Academia Galega, reunirá entre catro e cinco mil termos e as previsións son que estea rematado entre marzo e abril de 2009.
Para José Mª Pousada, director da escola e coordinador do grupo, o dicionario será “un documento de consulta que estará dispoñible para toda a sociedade galega”. Nun eido no que a maior parte da terminoloxía está en inglés, co novo dicionario os interesados terán a posibilidade de saber como se di cada concepto en galego e o seu significado exacto.
Pousada destaca tamén o interese que espertou nos docentes este proxecto,“se alguén sabe en Galicia de TICs somos nós e, por tanto, tiñamos que estar aí. Non é unha idea miña, somos a xente que máis manexa este tipo de termos e, por citar un dato, temos un departamento dedicado exclusivamente ás tecnoloxías da información. Ademais, e falo por todos os que participamos, nesta escola hai unha especial sensibilidade cara o galego”.
Todo o traballo poderá consultarse na web do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e, unha vez rematado, haberá versións en CD que será distribuída nos centros de ensino de toda a comunidade. “Precisamente, o sector da ensinanza é un dos públicos prioritarios, sen esquecernos de todo o tecido empresarial relacionado con este sector”, salienta José Mª Pousada.
Felipe Gil, profesor do Departamento de Telemática, é outro dos profesores implicados no proxecto. Desde o seu punto de vista é moi interesante participar nunha iniciativa tan pioneira pero, sobre todo, espera “que sexa de utilidade para todos os que traballen ou se acheguen a este sector”.
“Un exemplo claro é o jpg, para os usuarios jpg é sinónimo de fotografía mentres que nós o vemos como un tipo de formato de comprensión e, algo similar acontece co mp3 e mp4, para nós un estándar de codificación e, para os mozos, un reprodutor. O formato en moitas ocasión acaba definindo o aparato”, sinala Gil.
“Outro exemplo: CPU, o usuario chama CPU a toda a caixa do ordenador, desde a súa visión o ordenador ten monitor é CPU, pero non distingue máis alá”, comenta outro dos profesores.
O proxecto, promovido polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación en colaboración coa Universidade de Vigo, a Consellería de Innovación e Industria e a Real Academia Galega, reunirá entre catro e cinco mil termos e as previsións son que estea rematado entre marzo e abril de 2009.
Para José Mª Pousada, director da escola e coordinador do grupo, o dicionario será “un documento de consulta que estará dispoñible para toda a sociedade galega”. Nun eido no que a maior parte da terminoloxía está en inglés, co novo dicionario os interesados terán a posibilidade de saber como se di cada concepto en galego e o seu significado exacto.
Pousada destaca tamén o interese que espertou nos docentes este proxecto,“se alguén sabe en Galicia de TICs somos nós e, por tanto, tiñamos que estar aí. Non é unha idea miña, somos a xente que máis manexa este tipo de termos e, por citar un dato, temos un departamento dedicado exclusivamente ás tecnoloxías da información. Ademais, e falo por todos os que participamos, nesta escola hai unha especial sensibilidade cara o galego”.
Actualización constante vía web
O Dicionario Galego das TIC, no que en total participan máis de trinta expertos, contará coa supervisión lingüística da Real Academia Galega. “O esforzo inicial vai ser identificar todos os termos para poder ir facendo o traballo dunha maneira organizada. Cada mes definiremos un bloque de termos e irémosllos pasando á academia, que será a encargada de revisar e corrixir”, explica o director da escola.Todo o traballo poderá consultarse na web do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e, unha vez rematado, haberá versións en CD que será distribuída nos centros de ensino de toda a comunidade. “Precisamente, o sector da ensinanza é un dos públicos prioritarios, sen esquecernos de todo o tecido empresarial relacionado con este sector”, salienta José Mª Pousada.
Felipe Gil, profesor do Departamento de Telemática, é outro dos profesores implicados no proxecto. Desde o seu punto de vista é moi interesante participar nunha iniciativa tan pioneira pero, sobre todo, espera “que sexa de utilidade para todos os que traballen ou se acheguen a este sector”.
Diferentes visións para un mesmo termo
Os profesores implicados no proxecto destacan a enorme diferenza na utilización dos termos. “Hai un abismo entre como empregamos os conceptos os enxeñeiros e como o fai o usuario final”, destaca o profesor Xulio Fernández, que tamén está a participar no proxecto.“Un exemplo claro é o jpg, para os usuarios jpg é sinónimo de fotografía mentres que nós o vemos como un tipo de formato de comprensión e, algo similar acontece co mp3 e mp4, para nós un estándar de codificación e, para os mozos, un reprodutor. O formato en moitas ocasión acaba definindo o aparato”, sinala Gil.
“Outro exemplo: CPU, o usuario chama CPU a toda a caixa do ordenador, desde a súa visión o ordenador ten monitor é CPU, pero non distingue máis alá”, comenta outro dos profesores.