Do 8 de novembro ao 11 de decembro
A exposición fotográfica “Enrique Lista. Licenciado en Belas Artes” reflexiona sobre a condición de artista
Na sala Alterate
A condición de artista, as circunstancias que rodean a quen estudou nunha facultade de Belas Artes e as pontencialidades dunha formación académica que xira entorno á arte contemporánea son os puntos sobre os que versa a exposición que se inaugura na sala Alterate este xoves, oito de novembro, ás sete da tarde e que manterá abertas as súas portas ata o 11 de decembro.
O seu autor, Enrique Lista, que cede ó seu nome para o título do mostra trata de dar resposta ás dúbidas e problemas ós que se pode enfrontar un recén licenciado, non só na disciplina das Belas Artes senón en calquera outra. Deste xeito, temas como o exceso de profesionais con estudos universitarios, as características do modelo académico-produtivo en relación ás demandas do mercado, os novos modelos de contratación que tratan de disimular a falta de postos de traballos para tanto persoal cualificado ou a promesa dun futuro brillante que ofrece a formación privada son protagonistas da exhibición fotográfica.
Enrique Lista
Este artista, nacido en Cambre en 1977, cursou a titulación de Belas Artes na Universidade de Vigo e o ciclo superior de Gráfica Publicitaria na coruñesa Escola de Artes Pablo Picasso. Pese á súa xuventude conta cun extenso currículo, posto que, entre outra cousas tén sido comisario da exposición Esperando mil palabras en Vigo, traballou de asistente no estudio Abad, participou en exposicións colectivas na Coruña, Pontevedra, Ourense, Barcelona ou Alemaña, tales como Junge Spanische kunst in Asbach, Ausencias e memoria ou O feito fotográfico, no MARCO.