Cunha xornada de conferencias e obradoiros
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo celebrou o Día da Educación Financeira
Coincidindo co 2º Encontro do Observatorio AFFE
A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense acolleu este luns a celebración do Día da Educación Financeira. 2º Encontro do Observatorio AFFE (Accounting and Finance for Entrepreneurship Monitor), organizado polo centro de investigación interuniversitario Ecobas co apoio de diferentes entidades. Ao longo da mañá e da tarde, a comunidade investigadora e persoas interesadas tiveron a oportunidade de asistir a conferencias e obradoiros arredor da alfabetización financeira en contextos organizativos. Na programación participaron especialistas procedentes da IE University, a University of Essex e a Universidad de Burgos, ademais da UVigo. Tamén tivo lugar un obradoiro metodolóxico titulado Causal Inference with Directed Acyclic Graphs (DAGs), a cargo de Enrique Acebo, da Universidad de León. O evento estivo coordinado polo profesor e investigador Ernesto López-Valeiras e a investigadora predoutoral Cristina Ilie, xunto con Sara Fernández e Marcos Álvarez, membros permanentes de Ecobas.