DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

Aprobado este xoves no Consello da Xunta

O goberno galego destinará 5 millóns de euros para creación de CITEXVI

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI DUVI 29/11/2007

A Xunta de Galicia destinará 5 millóns de euros para creación e posta en marcha da Cidade Tecnolóxica de Vigo. Este acordo entre a Consellería de Innovación e Industria e a entidade plasmarase a vindeira semana nun convenio de colaboración que este xoves foi autorizado polo Consello da Xunta.
Deste xeito a Consellería de Innovación e Industria aportará 4.989.356 euros para construción e posta en marcha da Cidade Tecnolóxica de Vigo, CITEXVI, o que representa o pulo definitivo de cara a consolidación deste proxecto tecnolóxico de vangarda.
A subvención estará destinada a investimentos e gastos asociados á definición do proxectos executivo, á creación e dotación de infraestruturas físicas, a definición e dotación de infraestruturas de apoio á dinamización e xestión e aos investimentos e gastos asociados coa posta en operatividade da Cidade Tecnolóxica. O 77% desta inversión, un total de 3,8 millóns de euros, estarán destinados á execución da obra.

Un centro de vangarda tecnolóxica e transferencia

CITEXVI nace co obxectivo de artellar un espazo físico dedicado a actividades de I+D+i, satisfacendo as necesidades dos grupos de investigación tanto de ámbito público como privado, xa que o proxecto está participado pola Universidade de Vigo, o Consorcio da Zona Franca, Caixanova e a Xunta de Galicia. Trátase en total de 6700 metros cadrados, dos que 3500 destinaranse ao aloxamento de iniciativas de I+D+i e os restantes corresponderán a zonas comúns e de administración. Trátase deste xeito de unificar nestes proxecto o apoio da Universidade, da administración e das empresas, como punto de encontro no campo investigación dos ámbitos público e privado, favorecendo así a transferencia de coñecementos