O grupo Neurolam é unha referencia a nivel internacional
Investigadores vigueses describen en lampreas circuítos básicos similares aos implicados na enfermidade de Párkinson en humanos
Este peixe ten o cerebro máis sinxelo e o seu comportamento motor é o mellor coñecido dentro dos ver
Prato típico da cociña galega e manxar cobizado polos mellores padais, a lamprea é a materia prima coa que traballa o grupo Neurolam, nome co que se coñece o Laboratorio de Bioloxía Celular da Facultade de Bioloxía, onde oito investigadores utilizan este peixe como material experimental para coñecer o desenvolvemento e organización do sistema nervioso central dos vertebrados. A descrición dos circuítos básicos equivalentes aos que nos humanos provocan a enfermidade de Párkinson é un dos exemplos que mellor reflicte algún dos froitos das súas investigacións.
O grupo formouse como tal no ano 2000, dende aquela foron traballando, conseguindo proxectos e ampliándose cada vez máis, non só en instalacións e equipamento, senón tamén en compoñentes. Ao fronte está o profesor Manuel Ángel Pombal, que pese a nacer no concello de Oia, moi preto da desembocadura do Miño, non coñeceu este peixe ata licenciarse, cando, case por azar, empezou a traballar con esta especie, tanto que centrou nela a súa tese de doutoramento e realizou unha estancia de posdoutoramento en Suecia co profesor Sten Grillner, unha autoridade neste eido.
A día de hoxe Pombal bromea co feito de que nos diferentes encontros científicos aos que asiste é coñecido como “o das lampreas”. “Gústame dar a coñecer o traballo que facemos alá onde imos e, a raíz disto, xorden colaboracións que, de non ser así sería difícil que se producisen. Por exemplo, agora estamos a colaborar cun grupo da Universidade de Málaga nunha investigación sobre o desenvolvemento do corazón dos vertebrados”.
“Nos mamíferos é moito máis complicado facer algúns experimentos, xa que o seu cerebro é moito máis complexo e hai moitas máis cousas interrelacionadas. Ademais, a lamprea ten a vantaxe de que podemos illar cerebro e medula espiñal e traballar con esta preparación durante varios días, xa que, ao tratarse dun cerebro pequeno e estar pouco vascularizado, é moi doado de mantelo vivo in vitro.”, explica Pombal.
“Pese a que o sistema nervioso do ser humano é moito máis complexo, no que se refire ás vías básicas de transmisión de información, xa están presentes na lamprea. Por exemplo, a nivel neuronal, a maquinaria básica de control do movemento xa está presente nela, independentemente de que a lamprea nade e nós camiñemos”, explica con detalle o profesor Pombal.
Nun momento no que os estudos xenéticos están en pleno auxe, “queremos identificar xenes específicos da lamprea implicados no desenvolvemento do sistema nervioso central. Ao mesmo tempo, isto vainos permitir coñecer mellor cales son os xenes responsables das diferenzas que existen entre as lampreas e outros vertebrados a nivel do comportamento motor”.
Un dos retos que máis ilusiona ao grupo é avanzar no eido da Embrioloxía Experimental. A día de hoxe poden obter embrións e larvas no laboratorio, pero un dos aspectos que máis lles gustaría conseguir é poder manipular eses embrións, “é dicir, que ti poidas producirlle unha lesión ou meterlle un xene novo e logo poder seguilo e ver que acontece. Isto abriríanos novas portas e incrementaría as nosas posibilidades de colaboración, tanto a nivel nacional como internacional”.
“É un ciclo de vida que só se dá na lamprea, e que a fai moi interesante para ver pasos sucesivos de desenvolvemento, é dicir, aspectos que nun humano acontecen en tres ou catro días, na lamprea poden tardar anos en producirse”, explica o director de Neurolam.
Xunto á lamprea galega, Petromyzum marinus, os membros do laboratorio están tamén a traballar cunha especie importada de Suecia, a Lampetra fluviatilis. “Sempre é interesante facer comparacións entre distintas especies, e estas son as dúas máis coñecidas e coas que máis estudos se están levando a cabo”, subliña o profesor.
Con habituais colaboracións tanto a nivel nacional como internacional, o grupo mantén unha estreita colaboración co Karolinska Institute de Estocolmo, o centro de referencia neste campo a nivel mundial. “En España non é habitual este tipo de traballos, hai algúns expertos facendo cousas de comportamento motor en mamíferos, pero en peixes non é común”.
Como principais ameazas para a súa supervivencia, Pombal sinala a contaminación dos ríos, os encoros e o furtivismo. “Antes a lamprea chegaba polo Sil ata o Barco de Valdeorras e polo Miño ata Portomarín, agora co encoro da Freixa, xa non poden ir máis alá, é dicir, a zona de reprodución quedou reducida a unha cuarta parte ou incluso menos. Ademais, cando están desovando no río son moi vulnerables e doadas de localizar e capturar”.
O grupo formouse como tal no ano 2000, dende aquela foron traballando, conseguindo proxectos e ampliándose cada vez máis, non só en instalacións e equipamento, senón tamén en compoñentes. Ao fronte está o profesor Manuel Ángel Pombal, que pese a nacer no concello de Oia, moi preto da desembocadura do Miño, non coñeceu este peixe ata licenciarse, cando, case por azar, empezou a traballar con esta especie, tanto que centrou nela a súa tese de doutoramento e realizou unha estancia de posdoutoramento en Suecia co profesor Sten Grillner, unha autoridade neste eido.
A día de hoxe Pombal bromea co feito de que nos diferentes encontros científicos aos que asiste é coñecido como “o das lampreas”. “Gústame dar a coñecer o traballo que facemos alá onde imos e, a raíz disto, xorden colaboracións que, de non ser así sería difícil que se producisen. Por exemplo, agora estamos a colaborar cun grupo da Universidade de Málaga nunha investigación sobre o desenvolvemento do corazón dos vertebrados”.
A súa simplicidade facilita a experimentación
A nivel locomotor, a lamprea, é o vertebrado mellor coñecido. Isto fai que sexan claves, por exemplo, para facer estudos acerca da transición entre os invertebrados e os vertebrados. Se a isto lle engadimos que tamén é o que ten o cerebro máis sinxelo, fai que determinados aspectos sexan máis doados de estudar nela ca en seres máis complexos como poden ser o mono ou os humanos.“Nos mamíferos é moito máis complicado facer algúns experimentos, xa que o seu cerebro é moito máis complexo e hai moitas máis cousas interrelacionadas. Ademais, a lamprea ten a vantaxe de que podemos illar cerebro e medula espiñal e traballar con esta preparación durante varios días, xa que, ao tratarse dun cerebro pequeno e estar pouco vascularizado, é moi doado de mantelo vivo in vitro.”, explica Pombal.
“Pese a que o sistema nervioso do ser humano é moito máis complexo, no que se refire ás vías básicas de transmisión de información, xa están presentes na lamprea. Por exemplo, a nivel neuronal, a maquinaria básica de control do movemento xa está presente nela, independentemente de que a lamprea nade e nós camiñemos”, explica con detalle o profesor Pombal.
Resultados extrapolables a outras especies
Unha boa parte do traballo do grupo nos últimos anos centrouse en describir en lampreas os circuítos básicos equivalentes aos que son responsables da enfermidade de Parkinson en humanos. “Caracterizamos o núcleo estriado, que é un dos máis importantes na produción e control do movemento. Xa se comprobou noutras especies que hai determinadas substancias que poden mimetizar a enfermidade, é dicir, mediante a inxección dunha substancia consegues eliminar células dopaminérxicas que, en principio, é unha das causas que desenvolve a doenza”, explica Manuel Ángel Pombal. “Nós no laboratorio temos a posibilidade de “provocar” a perda desas células nas lampreas e, así, poder experimentar como afectan ao seu movemento”, continuou.Nun momento no que os estudos xenéticos están en pleno auxe, “queremos identificar xenes específicos da lamprea implicados no desenvolvemento do sistema nervioso central. Ao mesmo tempo, isto vainos permitir coñecer mellor cales son os xenes responsables das diferenzas que existen entre as lampreas e outros vertebrados a nivel do comportamento motor”.
Un dos retos que máis ilusiona ao grupo é avanzar no eido da Embrioloxía Experimental. A día de hoxe poden obter embrións e larvas no laboratorio, pero un dos aspectos que máis lles gustaría conseguir é poder manipular eses embrións, “é dicir, que ti poidas producirlle unha lesión ou meterlle un xene novo e logo poder seguilo e ver que acontece. Isto abriríanos novas portas e incrementaría as nosas posibilidades de colaboración, tanto a nivel nacional como internacional”.
Un ciclo de vida único
O ciclo de vida das lampreas é unha excepción nos vertebrados, xa que ten un período larvario enormemente longo, cunha duración media de entre catro e cinco anos. Tras esta etapa, a lamprea sufre unha metamorfose que dura entre catro e cinco meses, despois chega á etapa adulta e é cando baixa o mar, onde se volve parasita externa de diversas especies de peixes, alí pasa dous ou tres anos, para rematar volvendo ao río a reproducirse e morrer. Son varios anos para pasar de medir uns milímetros a alcanzar os 80 ou 90 centímetros dos adultos reprodutores.“É un ciclo de vida que só se dá na lamprea, e que a fai moi interesante para ver pasos sucesivos de desenvolvemento, é dicir, aspectos que nun humano acontecen en tres ou catro días, na lamprea poden tardar anos en producirse”, explica o director de Neurolam.
Xunto á lamprea galega, Petromyzum marinus, os membros do laboratorio están tamén a traballar cunha especie importada de Suecia, a Lampetra fluviatilis. “Sempre é interesante facer comparacións entre distintas especies, e estas son as dúas máis coñecidas e coas que máis estudos se están levando a cabo”, subliña o profesor.
Equipamento e colaboracións
Un dos maiores logros do grupo foi conseguir unha cámara de reprodución e cría de lamprea, onde se sacan adiante os embrións e se manteñen tanto as larvas como os exemplares adultos. Nela mantense un rigoroso control de temperatura, calidade da auga, niveis de luz...Con habituais colaboracións tanto a nivel nacional como internacional, o grupo mantén unha estreita colaboración co Karolinska Institute de Estocolmo, o centro de referencia neste campo a nivel mundial. “En España non é habitual este tipo de traballos, hai algúns expertos facendo cousas de comportamento motor en mamíferos, pero en peixes non é común”.
Principais ameazas
“Se non fora polo resistentes que son non habería lampreas nos ríos galegos”, así de rotundo se manifesta Manuel Ángel Pombal cando se lle pregunta sobre a poboación desta especie en Galicia.Como principais ameazas para a súa supervivencia, Pombal sinala a contaminación dos ríos, os encoros e o furtivismo. “Antes a lamprea chegaba polo Sil ata o Barco de Valdeorras e polo Miño ata Portomarín, agora co encoro da Freixa, xa non poden ir máis alá, é dicir, a zona de reprodución quedou reducida a unha cuarta parte ou incluso menos. Ademais, cando están desovando no río son moi vulnerables e doadas de localizar e capturar”.