Por J.L.Míguez, catedrático da UVigo
Leis e formación contra a siniestralidade laboral
O propósito da lei é fomentar a cultura preventiva, facendo especial énfase na formación en todos os niveis do sistema educativo formal (desde primaria, ata bacharelato ou ciclos formativos). A través da educación, inténtase involucrar a toda a sociedade e lograr a anticipación dos riscos laborais.
Aínda con todo isto, a sinistralidade laboral é un dos problemas máis graves do noso mercado laboral. A pesar dos avances tecnolóxicos e das melloras nos mecanismos de información e de formación, aínda hoxe non se conseguiu paliar a altísima taxa de sinistralidade que afecta a todos os sectores, principalmente o produtivo.
Cunha cifra que rolda o millón de accidentes laborais ao ano co resultado de case 1.000 persoas falecidas, España ten a dubidosa honra de encabezar a estatística europea en sinistralidade laboral. Baseándonos no índice de incidencia que utiliza a Oficina Estatística Europea (Eurostat) para comparar a sinistralidade, que relaciona a cantidade de accidentes co volume de afiliados, en 2006 faleceron 6,3 de cada 100.000 traballadores en España fronte aos 4,1 do resto da UE, o que representa que os accidente mortais en España son dous puntos superiores á media da UE.
A prevención de riscos laborais como disciplina académica que se ocupa de evitar os accidentes laborais e garantir a seguridade e saúde dos traballadores necesita un enfoque multidisciplinar, que teña en conta o punto de vista físico, biolóxico, psicolóxico, social, etc.. A implantación da Xestión da Prevención de Riscos Laborais, no ámbito universitario español con carácter de posgrao, é unha demanda que desde os sectores públicos e privados veuse incrementando nos últimos anos. Os posgraos oficiais vén paliar unha carencia de formación legalmente recoñecida neste campo, que se non é necesario xustificar a necesidade cada día maior de especialistas en prevención de riscos. A crecente demanda polas empresas de persoal especialista, tanto para a xestión como para o mantemento, leva á necesidade de formar profesionais especializados nestes novos estudos, xurdindo de aquí a necesidade destes cursos de posgrao.
O programa do Máster en Prevención de Riscos Laborais é un programa interdisciplinario, con base teórica e metodolóxica nas ensinanzas técnicas, que ten como obxectivo a formación académica e/o profesional do alumnado como especialistas en seguridade integral na industria.
Por mor da escasa implantación da perspectiva dos ensinos sobre seguridade e prevención nas enxañarías españolas, o programa pretende ofrecer unha formación avanzada e sistemática nos conceptos, teorías e metodoloxías de análises tanto na seguridade en instalacións, normativa, prevención de riscos no traballo as cales competen a diversas disciplinas académicas e ámbitos profesionais.