O vindeiro domingo, 30 de marzo
Localizadores e un percorrido máis sinxelo, novidades da segunda edición da proba "10 Km Cidade Universitaria"
Xa se conta con máis de 350 inscritos e a intención é chegar aos 500
Vigo
Co obxectivo de achegar o deporte aos estudantes e facer propostas que incorporen o exercicio como un hábito de vida saudable, celébrase este vindeiro domingo, 30 de marzo, a segunda edición da proba 10 Km Cidade Universitaria, unha iniciativa do Servizo de Deportes da Universidade de Vigo en colaboración coa Delegación da Federación Galega de Atletismo e o Comesaña Sporting Club de Vigo, e que xa conta con máis de 350 inscritos, aínda que as expectativas dos organizadores é acadar os 500.
A proba que se disputará esta fin de semana no campus de Lagoas Marcosende está moi mellorada en relación ao ano anterior e entre as novidades hai que destacar que o circuíto é máis sinxelo polo que poden participar todos aqueles que estean interesados. Ademais, os corredores levarán un dispositivo colocado nas zapatillas que lles permitirá estar localizados en todo momento, conseguindo deste xeito unha competición máis segura.