Por primeira vez toda a festa xirou arredor dunha temática común, a televisión
Miles de estudantes achegáronse a Pontevedra para festexar á patroa da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, "Santa Kata’ 08"
Tamén houbo actividades tradicionais como o bingo, o touro mecánico ou o futbolín
Logo de moitos meses de traballo e grazas a que o tempo deu unha pequena tregua, os estudantes da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación puideron festexar a súa patroa, Santa Catarina de Siena, nunha das festas universitarias máis secundadas de Galicia, á que este ano se achegaron miles de rapaces de toda a comunidade. Por primeira vez o comité organizador da Santa kata’ 08 formado por alumnos das titulacións de Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual e Xestión e Administración Pública, fixou unha temática principal entorno á que xirara toda a festa: a televisión. Deste xeito, o centro converteuse nun gran escenario no que se realizaron programas en directo a modo de simulacro e onde os asistentes contaron con multitude de seccións e espazos nos que participar.
Os programas que se poden ver ao longo de todo o día emulan aos das principais canles de televisión, ofrecendo diferentes espazos cunha ampla gama temática. A información sobre a festa é transmitida por SKT TV News, onde tamén se amosan traballos realizados polos alumnos durante o curso. Os espectadores tiveron a oportunidade de aprender a cociñar de forma creativa e divertida co programa Katalocomotó e aqueles que querían atopar namorado ou namorada, puideron tentar á sorte con Kata de Amor, “co obxectivo de formar parellas nun día tan especial”, subliñou a organizadora Patricia Dávila. Pero a oferta non rematou aí, xa que ao longo da tarde a sorte e o humor tamén serán protagonistas en A Ruleta da Fortuna e SKT Humor, no que os rapaces realizarán sketchs cómicos e, por suposto, os alumnos de Publicidade e Relacións Públicas amosarán as súas habilidades creativas interpretando anuncios intercalados entre cada bloque.
Patricia Dávila sinalou que, “desde a organización queremos subliñar a nosa ilusión por este proxecto, non só pola transcendencia recoñecida desta festa, que conta cuns niveis de participación moi importantes, senón tamén pola implicación persoal de cada un de nós para facer dunha mera recadación económica, un espazo onde nos poi damos entreter, divertir e ensinar a través do que nós sabemos facer: comunicar”.
Entre tantas novidades, tamén se fixo un oco para iniciativas xa tradicionais coma os Premios Laranxa Limón, galardón que se lle outorga a aqueles dous docentes que, por elección dos alumnos, son o máis ácido (limón) e o máis doce (laranxa).
Por suposto, os Concertos Katatónicos da man de Moon Cresta, Gustavo Almeida, Grouve Adicción e Faino Ti , foron un dos pratos fortes da festa que a amenizaron de xeito totalmente gratuíto. Tras unha sesión de música cun DJ a festa prolongarase pola noite nos pubs do centro da cidade.
Os programas que se poden ver ao longo de todo o día emulan aos das principais canles de televisión, ofrecendo diferentes espazos cunha ampla gama temática. A información sobre a festa é transmitida por SKT TV News, onde tamén se amosan traballos realizados polos alumnos durante o curso. Os espectadores tiveron a oportunidade de aprender a cociñar de forma creativa e divertida co programa Katalocomotó e aqueles que querían atopar namorado ou namorada, puideron tentar á sorte con Kata de Amor, “co obxectivo de formar parellas nun día tan especial”, subliñou a organizadora Patricia Dávila. Pero a oferta non rematou aí, xa que ao longo da tarde a sorte e o humor tamén serán protagonistas en A Ruleta da Fortuna e SKT Humor, no que os rapaces realizarán sketchs cómicos e, por suposto, os alumnos de Publicidade e Relacións Públicas amosarán as súas habilidades creativas interpretando anuncios intercalados entre cada bloque.
Patricia Dávila sinalou que, “desde a organización queremos subliñar a nosa ilusión por este proxecto, non só pola transcendencia recoñecida desta festa, que conta cuns niveis de participación moi importantes, senón tamén pola implicación persoal de cada un de nós para facer dunha mera recadación económica, un espazo onde nos poi damos entreter, divertir e ensinar a través do que nós sabemos facer: comunicar”.
Unha ampla oferta na que participa toda a comunidade universitaria
Co obxectivo de acadar a maior participación posible de toda a comunidade universitaria, os organizadores de Santa Kata’ 08 prepararon todo tipo de iniciativas. A música e o talento uniron a alumnos e profesores en Ti si que vales, onde calquera ousado ou ousada puido amosar e compartir algunha das súas habilidades. Ademais, o mundo da televisión compartiu espazo con xogos nos arredores da facultade con casetas, bingo, o Singstar ou o touro mecánico. Tampouco faltaron actividades deportivas coma o futbolín e o fútbol 3.Entre tantas novidades, tamén se fixo un oco para iniciativas xa tradicionais coma os Premios Laranxa Limón, galardón que se lle outorga a aqueles dous docentes que, por elección dos alumnos, son o máis ácido (limón) e o máis doce (laranxa).