Primeira proba da tempada
Notable éxito do equipo feminino no II Duatlón Cross Concello de Poio
Nunha proba de considerable esixencia técnica, como foi o II Duatlón Cross Concello de Poio, o equipo feminino da Universidade de Vigo desempeñou un papel destacable, acadando Sandra Santodomingo e Jessica Pacífico o terceiro e quinto posto respectivamente na categoría absoluta.
Pola súa banda, a formación masculina logrou un oitavo posto para José Comesaña e unha meritoria sexta posición na clasificación xeral para o equipo de triatlón.
Esta primeira cita da tempada, celebrada o pasado domingo, destacou polo percorrido de dezaoito quilómetros en BBT ao longo dun circuíto que discorre por pistas forestais e sendeiros con estreitas baixadas no contorno de Samieira.
O equipo da Universidade foi o que contou cunha maior representación de duatletas de todos os conxuntos partipantes, posto que aportou doce homes e tres mulleres. A próxima cita puntuable para o circuíto galego terá lugar o vindeiro 9 de febreiro en Pontevedra.