A clásicos coma o teatro únense novas apostas dirixidas á igualdade de oportunidades
A oferta cultural enriquécese con 42 obradoiros en Ourense, Pontevedra e Vigo
A matrícula está aberta dende hoxe ata o 24 de outubro
Aburrirse na Universidade non será fácil este outono, pero se a alguén lle queda a tentación, a Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes ponllo difícil, xa que entre as múltiples actividades que teñen programadas para encher o tempo libre de estudantes e demais membros da comunidade universitaria hoxe abren o prazo de matrícula para os 42 obradoiros que se van levar a cabo nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.
Ás propostas xa tradicionais e consolidadas coma teatro, fotografía, guitarra ou poesía únense novas apostas, algunhas que se estrearán este curso e outras que botaron a andar na anterior edición e o éxito alcanzado animou a repetilas.
Introdución aos efectos especiais para cine e televisión e educación viaria foron dúas das actividades que tiveron máis éxito o curso pasado e que este ano repetirán. A eles hai que engadir propostas tan distintas coma gaita e pandeireta, animación no tempo libre, supervivencia, contacontos ou comercio xusto.
Pensando nos estudantes ofértanse tamén obradoiros específicos dirixidos a coñecer o funcionamento da Universidade: orientación, dirixido aos que acaban de chegar; mundo laboral, para axudalos a desenvolverse no mundo profesional, e voluntariado, para os máis solidarios.
A oferta complétase cun curso sobre decoración cerámica dun azulexo; outro para introducirse no Sistema Operativo Linux e o Software Libre; unha proposta para achegarse á cultura exipcia; un de primeiros auxilios e outro sobre riscos laborais.
Característicos tamén deste campus son o obradoiro de efectos especiais, no que se dan diferentes técnicas de modelado para a creación de maquillaxes e outro sobre sonorización e gravación musica,l no que se dará unha visión global do mundo da gravación aportada por un profesional do medio.
Completan a oferta dous obradoiros de teatro, un de formación básica do voluntariado e outro sobre Djembé.
En teatro a oferta inclúe, ademais dun obradoiro de iniciación, outro sobre a posta en escena dunha obra teatral, para o que os interesados terán que pasar un casting previo e os elixidos representarán unha obra na Miteu.
Entre os obradoiros que tiveron máis éxito o curso pasado: formación básica de voluntariado, prevención de riscos laborais, modelado 3D e un taller de pan biolóxico.
O prezo dos cursos é de 48 euros para o público en xeral, mentres que os membros da comunidade universitaria teñen un desconto do 25% e os bolseiros da Universidade dun 50%. Ademais, as persoas que se inscriban en algún proxectos de voluntariado da Universidade poderán cursar de balde os obradoiros de formación sobre este campo. O número de prazas varía segundo o obradoiro, así como a duración, que vai dende as 20 ata as 33 h, salvo excepcións coma os aulas de teatro de Ourense que chegan ata as 90 horas.
A asistencia a estes programas pode validarse por créditos de libre elección, que dependerán da duración do mesmo.
Ás propostas xa tradicionais e consolidadas coma teatro, fotografía, guitarra ou poesía únense novas apostas, algunhas que se estrearán este curso e outras que botaron a andar na anterior edición e o éxito alcanzado animou a repetilas.
O teatro, prato forte en Ourense
No campus de Ourense, onde se ofertan 19 propostas, o prato forte segue sendo o teatro, con varias propostas distintas: Rosaura, Cordelia, Maricastaña e Gepetto. Os tres primeiros son diferentes niveis e o último é específico para aqueles que estean interesados en facer teatro para nenos.Introdución aos efectos especiais para cine e televisión e educación viaria foron dúas das actividades que tiveron máis éxito o curso pasado e que este ano repetirán. A eles hai que engadir propostas tan distintas coma gaita e pandeireta, animación no tempo libre, supervivencia, contacontos ou comercio xusto.
Pensando nos estudantes ofértanse tamén obradoiros específicos dirixidos a coñecer o funcionamento da Universidade: orientación, dirixido aos que acaban de chegar; mundo laboral, para axudalos a desenvolverse no mundo profesional, e voluntariado, para os máis solidarios.
A oferta complétase cun curso sobre decoración cerámica dun azulexo; outro para introducirse no Sistema Operativo Linux e o Software Libre; unha proposta para achegarse á cultura exipcia; un de primeiros auxilios e outro sobre riscos laborais.
Pontevedra estrea un taller sobre igualdade de oportunidades
No campus de Pontevedra son dúas as novidades: un obradoiro de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e outro para descubrir as principais utilidades do ordenador.Característicos tamén deste campus son o obradoiro de efectos especiais, no que se dan diferentes técnicas de modelado para a creación de maquillaxes e outro sobre sonorización e gravación musica,l no que se dará unha visión global do mundo da gravación aportada por un profesional do medio.
Completan a oferta dous obradoiros de teatro, un de formación básica do voluntariado e outro sobre Djembé.
Unha aposta continuista en Vigo
O campus de Vigo acollerá un total de 15 obradoiros, clásicos xa na oferta do primeiro cuadrimestre. Para os interesados ao mundo da poesía, o profesor Anxo Angueira impartirá un taller sobre creación poética, mentres aqueles que prefiran outros ámbitos da cultura coma a fotografía ou a ópera teñen á súa disposición dous obradoiros que se impartiran nas escolas do centro da cidade.En teatro a oferta inclúe, ademais dun obradoiro de iniciación, outro sobre a posta en escena dunha obra teatral, para o que os interesados terán que pasar un casting previo e os elixidos representarán unha obra na Miteu.
Entre os obradoiros que tiveron máis éxito o curso pasado: formación básica de voluntariado, prevención de riscos laborais, modelado 3D e un taller de pan biolóxico.
O prazo de matrícula péchase o 24 de outubro
A matrícula pode formalizarse en calquera dos obradoiros ata o vindeiro 24 deste mes na oficina de Extensión Universitaria no campus de Vigo e nos rexistros de calquera dos tres campus.O prezo dos cursos é de 48 euros para o público en xeral, mentres que os membros da comunidade universitaria teñen un desconto do 25% e os bolseiros da Universidade dun 50%. Ademais, as persoas que se inscriban en algún proxectos de voluntariado da Universidade poderán cursar de balde os obradoiros de formación sobre este campo. O número de prazas varía segundo o obradoiro, así como a duración, que vai dende as 20 ata as 33 h, salvo excepcións coma os aulas de teatro de Ourense que chegan ata as 90 horas.
A asistencia a estes programas pode validarse por créditos de libre elección, que dependerán da duración do mesmo.
Programa dos obradoiros do primeiro cuadrimestre nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo