Celebráronse manifestacións nas tres cidades
Os Comités cifran entre un 60 e un 80% a participación dos estudantes dos tres campus na xornada de folga
En Ourense tamén foi xornada de mobilización para os enxeñeiros informáticos
DUVI
A xornada de folga en defensa da universidade pública galega, convocada polos Comités, baleirou boa parte das escolas e facultades dos tres campus da Universidade de Vigo ao tempo que concentrou a decenas de estudantes en Pontevedra, Vigo e Ourense para dar visibilidade á reclamación dun novo plan de financiamento para as universidades galegas que garanta unha institución verdadeiramente pública e ao servizo da sociedade galega. Baixo o lema O que non poñen eles, pagámolo nós, os convocantes demandaron máis cartos públicos, bolsas, aloxamentos, coordinación e calidade e menos taxas e despilfarro, demandas todas elas polas que se están a recoller sinaturas que serán presentadas na Consellería de Educación. Os responsables dos Comités nos tres campus cifraron entre un 60 e un 80% o seguimento do paro entre os estudantes, aínda que a participación nas manifestacións foi escasa. Un feito que contrasta coa resposta que tivo a mobilización celebrada, tamén nesta xornada, no campus de Ourense para esixir a regulación das titulacións de Enxeñeiro Técnico e de Enxeñeiro en Informática.
Co remate da campaña a valoración é “cando menos positiva, todos estivemos de acordo coas reivindicacións, a xente participou e implicouse ao máximo”, explica Iago Varela, “agora só esperamos que as nosas peticións se fagan realidade”, engade con máxima confianza.
Pero os Comités non estaban sós en Torrecedeira, un grupo de integrantes do Sindicato de Estudantes loitaban polo mesmo fin repartindo folletos entre os alumnos alí reunidos, abogando por unha loita conxunta contra o plan Boloña. Un terceiro grupo, formado por profesionais e estudantes de Enxeñaría Informática, reclamaban unha regulación do exercicio da profesión de cara á reestructuración do sistema educativo para adaptalo ao Tratado de Boloña.
A lei española esixe que certas tarefas profesionais sexan realizadas exclusivamente por persoas que posúan unha formación específica, pero a pesar de esta esixencia, a informática non se atopa no conxunto das profesións reguladas, ao contrario que o resto de enxeñarías. A esta situación súmase a normativa para adaptarse Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que establece que cada universidade compoñerá libremente os seus plans de estudos. Este sistema choca coa regulación profesional que esixe unha formación concreta de todos os graduados. Para solucionar este problema o Ministerio de Ciencia e Innovación está a crear unhas fichas que concretan as áreas de formación que as universidades deben incluír nos seus plans, de xeito que teñan que cumprir uns requisitos mínimos para poder crear un grao novo de profesións reguladas.
“A ausencia dunha ficha que estableza as nosas atribucións fará que o título se devalúe. Por iso pedimos ao Ministerio de Ciencia e Innovacion o compromiso de que elaborará unha ficha de directrices específicas para as titulacións de Enxeñería Informática nas mesmas condicións que as restantes enxeñerías ”, afirmou Susana Álvarez, membro da Delegación de Alumnos de Informática. Por outra parte queren que o goberno inclúa na transposición da directiva europea de servizos as profesións de Enxeñeiro Técnico e de Enxeñeiro en Informática. Por último, os estudantes, esixen ao Ministerio de Industria que elabore e traslade ao Parlamento unha lei que regule as competencias profesionais do sector.
A xornada de folga en defensa da universidade pública galega, convocada polos Comités, baleirou boa parte das escolas e facultades dos tres campus da Universidade de Vigo ao tempo que concentrou a decenas de estudantes en Pontevedra, Vigo e Ourense para dar visibilidade á reclamación dun novo plan de financiamento para as universidades galegas que garanta unha institución verdadeiramente pública e ao servizo da sociedade galega. Baixo o lema O que non poñen eles, pagámolo nós, os convocantes demandaron máis cartos públicos, bolsas, aloxamentos, coordinación e calidade e menos taxas e despilfarro, demandas todas elas polas que se están a recoller sinaturas que serán presentadas na Consellería de Educación. Os responsables dos Comités nos tres campus cifraron entre un 60 e un 80% o seguimento do paro entre os estudantes, aínda que a participación nas manifestacións foi escasa. Un feito que contrasta coa resposta que tivo a mobilización celebrada, tamén nesta xornada, no campus de Ourense para esixir a regulación das titulacións de Enxeñeiro Técnico e de Enxeñeiro en Informática.
Os Comités valoran positivamente a resposta no campus de Vigo
“Taxas, Boloña, é todo unha vergoña” foi o berro que se escoitou este mediodía nas inmediacións da EU de Enxeñaría Técnica Industrial, onde se concentraron máis dun cento de estudantes universitarios. Os integrantes dos Comités de Vigo, encabezados polo seu responsable Iago Varela, non pararon de repetir diante de todos os folguistas as reivindicacións da campaña O que non poñen eles, pagámolo nós, facendo fincapé na necesidande dun aumento do investivmento público e na redución das taxas. Ao tempo, recollían sinaturas con ese obxectivo, “ata o de agora xa conseguimos mil en todo o campus de Vigo”, sinala Varela, que engadiu que, a pesar de rematar hoxe a campaña, seguirase recompilando sinaturas ata o venres. Ademais, a resposta a folga fíxose notar nas aulas, pois “estímase que un 60% do alumnado non asistiu hoxe ás clases”, subliñan dende os Comités. Aínda así non faltaron estudantes que acudiron a realizar as súas practicas ou aproveitaron a xornada de paro para traballar nas bibliotecas.Co remate da campaña a valoración é “cando menos positiva, todos estivemos de acordo coas reivindicacións, a xente participou e implicouse ao máximo”, explica Iago Varela, “agora só esperamos que as nosas peticións se fagan realidade”, engade con máxima confianza.
Pero os Comités non estaban sós en Torrecedeira, un grupo de integrantes do Sindicato de Estudantes loitaban polo mesmo fin repartindo folletos entre os alumnos alí reunidos, abogando por unha loita conxunta contra o plan Boloña. Un terceiro grupo, formado por profesionais e estudantes de Enxeñaría Informática, reclamaban unha regulación do exercicio da profesión de cara á reestructuración do sistema educativo para adaptalo ao Tratado de Boloña.
Protagonismo para as reivindicacións dos enxeñeiros informáticos
A xornada de folga no campus de Ourense rexistrou unha especial incidencia entre os estudantes de Informática que xunto a docentes e profesionais concentráronse nas portas da Facultade de Ciencias para esixir a regulación das titulacións de Enxeñeiro Técnico e de Enxeñeiro en Informática. Esta protesta que se trasladou polas rúas ata a Subdelegación do Goberno, foi convocada a nivel nacional e apoiada de xeito unánime polo Consello de Centro da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo. Enrique Barreiro, director da Escola, considera que “é imprescindible o establecemento das condicións nas que se deberán adecuar os títulos que habiliten para o exercicio da actividade, así como a regulación das atribucións profesionais dos informáticos”.A lei española esixe que certas tarefas profesionais sexan realizadas exclusivamente por persoas que posúan unha formación específica, pero a pesar de esta esixencia, a informática non se atopa no conxunto das profesións reguladas, ao contrario que o resto de enxeñarías. A esta situación súmase a normativa para adaptarse Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) que establece que cada universidade compoñerá libremente os seus plans de estudos. Este sistema choca coa regulación profesional que esixe unha formación concreta de todos os graduados. Para solucionar este problema o Ministerio de Ciencia e Innovación está a crear unhas fichas que concretan as áreas de formación que as universidades deben incluír nos seus plans, de xeito que teñan que cumprir uns requisitos mínimos para poder crear un grao novo de profesións reguladas.