Tras unha intensa campaña electoral
Os estudantes de Publicidade e RRPP elixen o seu propio "presidente de Goberno"
Cinco "partidos" concurren este mércores ás urnas
A campaña electoral ficticia organizada por alumnos de Publicidade e Relacións Públicas que nos últimos días ten empapelada a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, rematou logo de quince días cheos de mitins, roldas de prensa, presentacións de programas e almorzos para os votantes. Unha morea de actividades a cargo dos cinco partidos candidatos que perseguen un único obxectivo: acadar a suposta Presidencia do Goberno. A falta de poucas horas para a celebración dos comicios, que terán lugar na entrada do centro desde as 09.30 horas deste mércores, os alumnos xa están ansiosos por coñecer os resultados, posto que levan moito tempo aplicando os coñecementos adquiridos nas aulas á súa propia estratexia política. Así o confirmou o responsable da iniciativa, o profesor Xosé Rúas, quen asegurou que “os rapaces están a demostrar que saben empregar os novos recursos da publicidade nas súas campañas”.
Por outra banda, a voz de Estudantes Socialistas é a alumna Goreti Castro Rey, unha líder innata que empregou os elementos máis novos da publicidade política actual, similares aos últimos comicios para a Presidencia do Goberno.
Rodeado de mulleres nesta competición, atópase o único candidato masculino que se presenta ás eleccións, David Vázquez Fernández, que xunto aos membros do seu partido, Esquerda Universitaria, defende unha sociedade sen desigualdades sociais e con moitos cambios para acadar o equilibrio. Finalmente, Paula Torrado encabeza a lista do Partido Democrático Socialista, que baixo o lema O avance é unha actitude, avoga por un entorno máis xusto.
Cinco propostas electorais
A actividade arrancou coa presentación dos candidatos dos distintos partidos políticos que participan, en total cinco grupos que loitarán por conseguir o maior número de votos. Esquerda Progresista (EP), Estudantes Socialistas (ES), Esquerda Universitaria (EU), Unión polo Progreso(UPP) e o Partido Democrático Socialista (PDS) son as cinco novas agrupacións creadas polos alumnos e que, desde fai varios meses, comezaron a deseñar as súas ideoloxías e os seus programas electorais. En xeral todos eles se declaran de esquerdas, aínda que un deles, o UPP, opta polo que considera “unha unión do mellor da dereita e do mellor da esquerda”, segundo afirma a súa representante, Ángela Antón. Outra das candidatas a estas eleccións é Noelia Vázquez, a cabeza visible do grupo Esquerda Progresista, que aposta pola innovación e a creatividade no deseño da súa campaña, ademais de contar coas ideas dos votantes no seu programa electoral.Por outra banda, a voz de Estudantes Socialistas é a alumna Goreti Castro Rey, unha líder innata que empregou os elementos máis novos da publicidade política actual, similares aos últimos comicios para a Presidencia do Goberno.
Rodeado de mulleres nesta competición, atópase o único candidato masculino que se presenta ás eleccións, David Vázquez Fernández, que xunto aos membros do seu partido, Esquerda Universitaria, defende unha sociedade sen desigualdades sociais e con moitos cambios para acadar o equilibrio. Finalmente, Paula Torrado encabeza a lista do Partido Democrático Socialista, que baixo o lema O avance é unha actitude, avoga por un entorno máis xusto.
A recta final: 24 horas para coñecer ao gañador
Logo da xornada de reflexión, os candidatos que se enfrontarán nas urnas ao longo do día de mañá, 28 de maio, coñecerán os resultados dun intenso e duro traballo que comezou como unha tarefa para a materia Teoría e práctica da propaganda electoral, pero que meses despois os rapaces xa se toman moi en serio. Un dos candidatos, David Vázquez, subliñou que “fixemos un esforzo moi grande e agora soamente queda esperar”, ao que engadiu que, “aínda que nos gustaría gañar, a experiencia de por si xa foi moi positiva”, afirmou o representante de Esquerda Universitaria.