Comezaron as 3ª Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental con preto de 350 inscritos
Ourense, capital da análise e o debate medioambiental
Inauguradas polo conselleiro Agustín Hernández
Con relatorios centrados no medio ambiente e os espazos naturais protexidos, comezou este luns no salón de actos da Faculta de Ciencias a terceira edición das Xornadas de Medio Ambiente e Dereito Ambiental de Galicia que se prolongarán ata o vindeiro venres. Os preto de 350 inscritos nas sesións organizadas pola Asociación Medioambiental e Universitaria Syme, a Vicerreitoría do campus de Ourense e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, terán ocasión de achegarse a través da testemuña de destacados expertos dos ámbitos da ciencia, a política e a empresa a cuestións como a educación sostible, a política e a lexislación ambiental, a auga ou o cambio climático.
O conselleiro de Medio Ambiente, o alcalde de Ourense, o reitor da Universidade de Vigo, o subdelegado do Goberno en Ourense e o presidente da Confederación Miño-Sil, foron os encargados de inaugurar as xornadas que un ano máis se confirmaron como as que contan cunha maior participación do alumnado de cantas se celebran no campus ourensán. Unha participación que avaliou positivamente o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernádez que centrou a súa intervención en poñer de manifesto o compromiso da administración autonómica coas políticas medioambientais. Neste senso asegurou que o feito de que Medio Ambiente sexa a primeira denominación do seu departamento por diante de Territorio e Infraestruturas, asegurou que non é casualidade senón “unha proba do desexo da Xunta de situar en primeiro plano o coidado do medio ambiente”. Así, para Agustín Hernández non existe contradición algunha da unión dos tres termos, senón “unha estratexia de prevalencia dos requisitos ambientais”. O conselleiro de Medio Ambiente que sinalou a necesidade de garantir unha planificación sostible de medio ambiente como unha cuestión pendente, incidiu no participación dos cidadáns como un elemento determinante “para que as políticas ambientais sexan un eixo da sociedade”. Na importancia das cuestións ambientais tamén puxo o acento o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago que apuntou que “a fronteira do progreso dos países máis avanzados como Xapón, EEUU ou Alemaña na próxima década está definido por parámetros como o a I+D, a educación e o medio ambiente”.
Pola súa banda o alcalde de Ourense apuntou “a necesidade máis que nunca de reflexionar sobre as estratexias a favor do medio ambiente” e demandou un consenso entre administracións para evitar debates sobre o coidado do medio no que lembrou que os concellos teñen importantes competencias. Sobre o papel da Confederación Miño-Sil falou o seu presidente, Francisco Fernández que se referiu ao cambio climático como “unha realidade constatada” ao tempo que amosou a súa preocupación en relación co futuro descenso na frecuencia e volume das precipitacións tal e como apuntan algúns estudos. Mentres o subdelegado do Goberno en Ourense, Camilo Ocampo felicitou aos organizadores das xornadas e destacou a calidade dos poñentes, así como “o interese dos núcleos temáticos seleccionados”.
Finalizada a intervención do vicerreitor de Planificación da Universidade de Vigo foi Xabier Garatea, xerente de EnviTec Biogás Ibérica o seguinte en tomar a palabra para afondar na súa intervención na biomasa como unha solución ambiental e sostible.
Na segunda parte desta primeira sesión centrada nos espazos naturais protexidos, Belén Bris, xefa do Servizo de Conservación do Espazos Naturais e José Antonio Amoeiro, director do parque natural do Xurés, analizaron en cadansúa intervención as liñas de actuación nos espazos protexidos galegos e a xestión do parque do Xurés.
O venres na derradeira sesión, as conferencias centraranse nos entes locais en materia ambiental, a distribución de competencias entre o Estado e as comunidades, a protección do medio ambiente e a acción da xustiza dende o punto de vista civil e penal. O peche das xornadas terá lugar cunha dunha mesa redonda na que se porá en relación as actividades empresarias e o medio natural, centrándose no sector mineiro.
O conselleiro de Medio Ambiente, o alcalde de Ourense, o reitor da Universidade de Vigo, o subdelegado do Goberno en Ourense e o presidente da Confederación Miño-Sil, foron os encargados de inaugurar as xornadas que un ano máis se confirmaron como as que contan cunha maior participación do alumnado de cantas se celebran no campus ourensán. Unha participación que avaliou positivamente o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernádez que centrou a súa intervención en poñer de manifesto o compromiso da administración autonómica coas políticas medioambientais. Neste senso asegurou que o feito de que Medio Ambiente sexa a primeira denominación do seu departamento por diante de Territorio e Infraestruturas, asegurou que non é casualidade senón “unha proba do desexo da Xunta de situar en primeiro plano o coidado do medio ambiente”. Así, para Agustín Hernández non existe contradición algunha da unión dos tres termos, senón “unha estratexia de prevalencia dos requisitos ambientais”. O conselleiro de Medio Ambiente que sinalou a necesidade de garantir unha planificación sostible de medio ambiente como unha cuestión pendente, incidiu no participación dos cidadáns como un elemento determinante “para que as políticas ambientais sexan un eixo da sociedade”. Na importancia das cuestións ambientais tamén puxo o acento o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago que apuntou que “a fronteira do progreso dos países máis avanzados como Xapón, EEUU ou Alemaña na próxima década está definido por parámetros como o a I+D, a educación e o medio ambiente”.
Pola súa banda o alcalde de Ourense apuntou “a necesidade máis que nunca de reflexionar sobre as estratexias a favor do medio ambiente” e demandou un consenso entre administracións para evitar debates sobre o coidado do medio no que lembrou que os concellos teñen importantes competencias. Sobre o papel da Confederación Miño-Sil falou o seu presidente, Francisco Fernández que se referiu ao cambio climático como “unha realidade constatada” ao tempo que amosou a súa preocupación en relación co futuro descenso na frecuencia e volume das precipitacións tal e como apuntan algúns estudos. Mentres o subdelegado do Goberno en Ourense, Camilo Ocampo felicitou aos organizadores das xornadas e destacou a calidade dos poñentes, así como “o interese dos núcleos temáticos seleccionados”.
Medio ambiente e espazos protexidos, na primeira sesión
José Cidrás, vicerreitor de Planificación da Universidade de Vigo foi o primeiro dos poñentes en tomar a palabra nun relatorio titulado Enerxía e Medio Ambiente no que afondou no presente, futuro e accións a adoptar en relación coa produción e consumo enerxético. Partindo dun século XX no que no que as cuestións medio ambientais case non estaban presentes á hora de abordar a cuestión enerxética e desembocando no XXI no que xa entran en xogo factores como a contaminación, a limitación de recursos ou o cambio climático, Cidrás realizou unha análise do futuro co horizonte do 2030 tomando como base as previsión recollidas no International Energy Outlook 2006. “A foto chegado o 2030 se se cumpren as previsión”, asegurou Cidrás, será máis ou menos igual que agora o que se traduce en que non se observa un crecemento da enerxías renovables e o efecto invernadoiro, se o panorama non cambia, será maior”. Fronte esta situación na que o consumo de enerxía incrementarase nun 80,5% sobre todo nos países menos desenvolvidos e no que as emisión subirán nun 80%, o vicerreitor de Planificación apuntou que a solución pasa por apostar por enerxías menos contaminantes que as derivadas do carbono a través da introdución masiva de renovables, así como a adopción de medidas orientadas ao aforro e á eficiencia enerxética.Finalizada a intervención do vicerreitor de Planificación da Universidade de Vigo foi Xabier Garatea, xerente de EnviTec Biogás Ibérica o seguinte en tomar a palabra para afondar na súa intervención na biomasa como unha solución ambiental e sostible.
Na segunda parte desta primeira sesión centrada nos espazos naturais protexidos, Belén Bris, xefa do Servizo de Conservación do Espazos Naturais e José Antonio Amoeiro, director do parque natural do Xurés, analizaron en cadansúa intervención as liñas de actuación nos espazos protexidos galegos e a xestión do parque do Xurés.
Un intenso programa para o que resta de semana
As xornadas continuarán este martes afondando na xestión das augas en Galicia e no cambio climático, temas sobre os que falarán o ex director xeral de Desenvolvemento Sostible e profesor da Universidade de Vigo, Emilio Fernández; o subdirector de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental da Xunta de Galicia, Vicente Pérez; e a subdirectora xeral da Oficina Española de Cambio Climático. O mércores a xestión integrada, a educación sustentable e o desenvolvemento centrarán as sesións, destacando a conferencia do director corporativo de Calidade e Medio Ambiente de Iberdrola, Carlos Fernández, que falará de eficiencia e medio ambiente. O día seguinte será a quenda dos representantes dos partidos políticos PSdG-PSOE, PP, UPyD e BNG, que explicarán a súa política ambiental. Tras estes relatorios, as xornadas centraranse na lexislación ambiental, onde destaca a conferencia que ofrecerá Antonio Vercher, fiscal de sala coordinador de Medio Ambiente e Urbanismo do Tribunal Supremo que falará dos delitos ambientais e dos vertidos no río Barbaña que el mesmo investiga.O venres na derradeira sesión, as conferencias centraranse nos entes locais en materia ambiental, a distribución de competencias entre o Estado e as comunidades, a protección do medio ambiente e a acción da xustiza dende o punto de vista civil e penal. O peche das xornadas terá lugar cunha dunha mesa redonda na que se porá en relación as actividades empresarias e o medio natural, centrándose no sector mineiro.