II Certame da Recolla da Tradición Oral
"Ponte...nas ondas!" impulsa, a través dun certame, a recolla de manifestacións culturais inmateriais
O achegamento das novas xeracións á cultura tradicional, evitando así romper a cadea de transmisión dos saberes que a compoñen, é o obxectivo do II Certame de Recolla da Tradición Oral convocado pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!.
Coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte, a Delegaçao Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Direcçao Regional de Educaçao do Norte, o certame promovido po Ponte...nas ondas!, pretende que o alumnado de infantil, primaria, secundaria, centros formativos e Universidade, dos centros educativos de Galicia e do Norte de Portugal, se acheguen a aquelas manifestacións culturais inmateriais que están no seu entorno máis inmediato.
Temas, premios e prazos
Calquera expresión da tradición oral, tanto en prosa, como en verso, así como mostras que relaten acontecementos relacionados coa historia, relacións sociais e políticas vividas en Galiza e no Norte de Portugal, poderán concorrer a este certame, no que se valorará a orixinalidade, así como a relevancia que teña para a comunidade.Primaranse aqueles traballos que presenten mostras representativas do patrimonio común galego-portugués.
A recolla que deberá ser presentada en formato dixital en calquera sistema de audio ou vídeo, será valorada por un xurado de representantes das entidades convocantes e membros da comunidade científica.
A categoría de Universidade é unha das cinco establecidas pola organización, que outorgará dous premios, un de 1000 euros e outro de 500, aos mellores traballos.
O prazo de presentación dos traballos remata o 1 de maio de 2008, dándose a coñecer o fallo do xurado no de mes de setembro.