DUVI

Logo DUVI

Diario da Universidade de Vigo

O proxecto de orzamento para o 2008 preséntase este martes no Consello de Goberno

A orde do día inclúe o informe sobre o nomeamento da nova xerenta

Etiquetas
  • Vigo
  • Institucional
DUVI DUVI 17/12/2007
O proxecto de orzamento para o 2008 e o informe sobre o nomeamento da nova xerenta son dous dos asuntos destacados da orde do día do Consello de Goberno que se vai celebrar este martes a partir das 10.00 horas na sala de xuntas da Reitoría.
O orzamento da Universidade para o exercicio 2008 supón un volume de recursos de 174.183.672 euros, o que significa un incremento do 14% sobre os ingresos consignados en 2007.
O plan de sostibilidade e medio ambiente na UVigo, Plan SuMA, tratarase tamén nesta sesión do Consello do Goberno. Anexos a este plan hai tres proxectos: Terrae, Vedra e Campus Verde, que permitirán a implantación, respectivamente nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo, de estratexias de desenvolvemento sostible e de integración das enerxías renovables a través de actuacións urbanísticas e paisaxísticas.
Un total de 17 puntos conforman a orde do día da sesión ordinaria na que tamén se aprobará unha declaración de apoio institucional á candidatura de Vigo para a Universiada 2013.