Maioritariamente son Erasmus e elixen o campus de Vigo
O son da música tradicional galega dá a benvida a 385 novos estudantes estranxeiros
O acto de benvida acolleu a presentación do volume "Instrumentos tradicionais galegos. Unha selecció
A ritmo de gaita e cun marcado acento tradicional galego, a Universidade deu hoxe a benvida aos 385 estudantes estranxeiros que pasarán este curso nalgún dos centros da Universidade de Vigo. 321 son estudantes que chegan a Galicia a través do Programa Erasmus, pero esta non é a única opción e son moitos os que chegan con bolsas ISEP e outros programas de intercambio.
O vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, foron os primeiros en felicitalos pola súa elección e desexarlles unha boa estancia, tanto nas aulas como nas cidade. A eles uníronse pouco despois os responsables das diferentes áreas e oficinas (Normalización Lingüística, Cultura, Deporte, Biblioteca...) que lles presentaron a oferta formativa e de lecer para este curso.
Moitos acaban de chegar, outros levan xa varias semanas instalados na cidade, pero para a inmensa maioría Galicia é aínda un lugar por descubrir. Para ir abrindo boca, a Universidade brindoulle hoxe a oportunidade de achegarse á nosa tradición a través da música coa presentación da obra Instrumentos tradicionais galegos. Unha selección natural, elaborado ao abeiro do Proxecto Ronsel de inventario, salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.
Á hora de analizar os seus destinos favoritos, a Facultade de Filoloxía e Tradución consolídase como o centro da Universidade que máis estudantes estranxeiros acolle, xa que 138 destes alumnos escollen algunha das súas titulacións para as súas estancias. Aínda que lonxe destas cifras, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias é outro dos centros que máis estudantes estranxeiros acolle nas súas aulas, acadando este curso unha cifra de 63.
De moito máis lonxe chegaron as enxeñeiras Inaldis Chapotí e Viviana Abril que, procedentes de Cuba e Colombia, están a estudar en Vigo o Máster en Prevención de Riscos Laborais. Ambas as dúas veñen xa de experiencias do mundo laboral e, tras dúas semanas de clases, valoran moi positivamente o sistema de docencia español, “onde as clases son moi prácticas e se nota moito a profesionalidade e experiencia dos docentes”, explican.
Á hora de preguntarlles se xa coñecen algo da cidade, a praia de Samil e as Illas Cíes son dúas respostas clásicas. Joanna Sitek e Dawiol Orlof, son unha parella de estudantes de Filoloxía Inglesa que chegaron hai un par de semanas de Polonia. Admiten que pasaron os primeiros días moi atarefados buscando onde instalarse pero que están desexando coñecer estes lugares “que xa visitamos aínda que só sexa virtualmente”.
“Co obxectivo de dar a coñecer algún dos moitos instrumentos musicais que temos en Galicia”, tal e como se salienta na introdución da obra, este catálogo editouse en formato tetralingüe, de xeito que está orientado a públicos de calquera nacionalidade.
O vicerreitor de Relacións Institucionais, Iván Area, e a delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, foron os primeiros en felicitalos pola súa elección e desexarlles unha boa estancia, tanto nas aulas como nas cidade. A eles uníronse pouco despois os responsables das diferentes áreas e oficinas (Normalización Lingüística, Cultura, Deporte, Biblioteca...) que lles presentaron a oferta formativa e de lecer para este curso.
Moitos acaban de chegar, outros levan xa varias semanas instalados na cidade, pero para a inmensa maioría Galicia é aínda un lugar por descubrir. Para ir abrindo boca, a Universidade brindoulle hoxe a oportunidade de achegarse á nosa tradición a través da música coa presentación da obra Instrumentos tradicionais galegos. Unha selección natural, elaborado ao abeiro do Proxecto Ronsel de inventario, salvagarda e posta en valor do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.
Polonia e Alemaña encabezan o ránking de países de orixe
Un ano máis Polonia (64), Alemaña (58) e Italia (53) sitúanse nos primeiros postos do ranking de países de orixe destes estudantes, pero cada ano tamén se incrementan os alumnos que chegan de Portugal (37), Francia (33) , Reino Unido (16), Turquía (16), Romanía (5), Bélxica (9), Austria (4) ou outros de fóra de Europa como Estados Unidos, Cuba, Colombia ou México. Son só algunhas das nacionalidades que hoxe tiveron representación no salón de actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, onde tivo lugar o acto de benvida.Á hora de analizar os seus destinos favoritos, a Facultade de Filoloxía e Tradución consolídase como o centro da Universidade que máis estudantes estranxeiros acolle, xa que 138 destes alumnos escollen algunha das súas titulacións para as súas estancias. Aínda que lonxe destas cifras, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias é outro dos centros que máis estudantes estranxeiros acolle nas súas aulas, acadando este curso unha cifra de 63.
Ansiosos por achegarse e coñecer outras culturas
As gañas de achegarse a outras culturas, coñecer xente nova e de aprender e mellorar nun idioma estranxeiro, son o punto común que unen a maior parte das historias destes estudantes. Algúns xa coñecían Vigo, como é o caso de Tiago Suares da Universidade de Oporto, que este ano estudará na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e que elixiu esta Universidade “ademais de porque me encanta a cidade, por proximidade en termos de idioma e física”.De moito máis lonxe chegaron as enxeñeiras Inaldis Chapotí e Viviana Abril que, procedentes de Cuba e Colombia, están a estudar en Vigo o Máster en Prevención de Riscos Laborais. Ambas as dúas veñen xa de experiencias do mundo laboral e, tras dúas semanas de clases, valoran moi positivamente o sistema de docencia español, “onde as clases son moi prácticas e se nota moito a profesionalidade e experiencia dos docentes”, explican.
Á hora de preguntarlles se xa coñecen algo da cidade, a praia de Samil e as Illas Cíes son dúas respostas clásicas. Joanna Sitek e Dawiol Orlof, son unha parella de estudantes de Filoloxía Inglesa que chegaron hai un par de semanas de Polonia. Admiten que pasaron os primeiros días moi atarefados buscando onde instalarse pero que están desexando coñecer estes lugares “que xa visitamos aínda que só sexa virtualmente”.
Achega aos instrumentos tradicionais galegos
Entre a múltiple documentación que lle foi entregada aos estudantes (datas de excursións que a ORI organizou para eles, actividades deportivas, culturais, cursos...) os estudantes recibiron tamén un exemplar do volume de recompilación dos instrumentos tradicionais galegos, cuxo autor, Pablo Carpintero, interpretou diferentes pezas musicas que espertaron o seu entusiasmo, tal e como fixeron sentir con numerosos aplausos.“Co obxectivo de dar a coñecer algún dos moitos instrumentos musicais que temos en Galicia”, tal e como se salienta na introdución da obra, este catálogo editouse en formato tetralingüe, de xeito que está orientado a públicos de calquera nacionalidade.