III Concurso de Iniciativas Universitarias Galicia 2008
Stop Accidentes e as Xefaturas Provinciais de Tráfico premiarán proxectos que axuden a previr os accidentes
DUVI | Vigo
A orixinalidade e creatividade das propostas e o fomento de comportamentos máis seguros e responsables en relación coa mobilidade no tráfico son os criterios que o xurado valorará no III Concurso de Iniciativas Universitarias Galicia 2008 que a ONG Stop Accidentes convoca co lema “por unha mobilidade máis segura”.
O concurso ten por obxecto sensibilizar e previr o colectivo universitario sobre a problemática que supón a mobilidade, realizar proxectos que poidan achegar posibles solucións para diminuír os accidentes de circulación e mellorar os comportamentos cívico-viais así como implementar proxectos relacionados coa Educación Viaria.
Esta iniciativa quere facer partícipe á mocidade dos proxectos e programas da ONG para tentar previr os riscos que padecen na súa mobilidade tendo en conta que é un dos colectivos máis afectados, xa que os accidentes de tráfico, representan unha das primeiras causas de mortalidade.
O primeiro premio está dotado de 1.000 euros, o segundo de 750 e o terceiro de 500, ademais dun ordenador portátil e pode outorgarse tamén un accésit que consiste nun IPod Touch.
Na páxina da ONG Stop Accidentes pódese atopar a información detallada da convocatoria.
A orixinalidade e creatividade das propostas e o fomento de comportamentos máis seguros e responsables en relación coa mobilidade no tráfico son os criterios que o xurado valorará no III Concurso de Iniciativas Universitarias Galicia 2008 que a ONG Stop Accidentes convoca co lema “por unha mobilidade máis segura”.
O concurso ten por obxecto sensibilizar e previr o colectivo universitario sobre a problemática que supón a mobilidade, realizar proxectos que poidan achegar posibles solucións para diminuír os accidentes de circulación e mellorar os comportamentos cívico-viais así como implementar proxectos relacionados coa Educación Viaria.
Por unha mobilidade máis segura
O proxecto consiste na elaboración dunha publicación escrita de entre 4 e 40 páxinas ou en formato audiovisual cunha duración máxima de 30 minutos e poden participar todos os estudantes das tres universidades galegas ou da UNED presentando, xunto co proxecto (orixinal e dúas copias sen asinar), un lema relacionado co traballo, na Xefatura Provincial de Tráfico da súa provincia antes do 7 de novembro de 2008.Esta iniciativa quere facer partícipe á mocidade dos proxectos e programas da ONG para tentar previr os riscos que padecen na súa mobilidade tendo en conta que é un dos colectivos máis afectados, xa que os accidentes de tráfico, representan unha das primeiras causas de mortalidade.