Unha tese identifica novas toxinas mariñas
A súa presenza causa peches erróneos de zonas de marisqueo
Un método capaz de detectar a presenza de yessotoxinas, toxinas cardiotóxicas clasicamente catalogadas como diarreicas, é un dos logros da tese de doutoramento da investigadora Beatriz Paz, licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos.
Segundo Paz, “as yessotoxinas en realidade non causan diarreas, pero debido ás súas propiedades de solubilidade comúns, coextráense coas toxinas diarreicas e, como consecuencia desta interferencia, prodúcense falsos positivos no bioensaio en rato. Debido a isto lévanse a cabo numerosos peches erróneos e innecesarios de zonas de marisqueo cunha importante repercusión económica”.
Na actualidade para poder identificar a presenza destas toxinas nos extractos de moluscos cos que se detectan toxinas diarreicas (DSP) polo bioensaio en rato, e lograr así descartar os falsos positivos, hai que recorrer a métodos químicos alternativos e/ou complementarios ao bioensaio en rato. “Estes métodos implican o uso de patróns de yessotoxinas que son moi escasos no mercado pero que se poden obter no laboratorio a partires de cultivos de dinoflaxelados, e, este foi en esencia o obxectivo da miña tese”, indica a doutora.
Para lograr este obxetivo a autora estudou os dinoflaxelados produtores de yessotoxinas, Protoceratium reticulatum e Lingulodinium poliedrum, dispoñibles na colección de cultivos do Centro Oceanográfico de Vigo, atopándose a presenza da toxina tanto nas células como no medio de cultivo, o que ademais lle permitiu a identificación e illamento de novos derivados da toxina, as glicoyessotoxinas.

A autora
Beatriz Paz, doutora pola Universidade e vinculada ao Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, leva a cabo o seu labor no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía.